autoritarismo
(
-
s
m
Calidade de autoritario.
Confrontacións: autocracia, despotismo, tiranía. -
s
m
[SOCIOL/POLÍT]
Actitude que pretende a obediencia indiscutida. Atópase nos individuos e nos sistemas sociais nos que se esixe a obediencia incuestionada a un xefe, caudillo, déspota, supremo sacerdote, pater familias, etc. Emprégase sobre todo en tres contextos: a estrutura dos sistemas políticos, as disposicións psicolóxicas relacionadas co poder e as ideoloxías políticas. É característico dos réximes antidemocráticos, onde o poder se concentra nun só órgano, no que non hai parlamento e no que a oposición política se suprime. Varias características distinguen o autoritarismo doutras formas anteriores, como o despotismo, o absolutismo e a tiranía. As autocracias anteriores estaban gobernadas por un monarca ou por calquera outro aristócrata, que gobernaba baseándose nun principio como o dereito divino dos reis, por exemplo, mentres que o estado autoritario moderno está dirixido normalmente por un partido político que encarna unha ideoloxía que defende a súa autoridade universal e que non permite discrepancias de lealdade ou conciencia.