"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PUNTA
Punta da illa Sisarga Chica, que constitúe o punto máis meridional do arquipélago das Sisargas, no litoral da parroquia e concello de Malpica de Bergantiños.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral SO da Illa de Arousa, na parroquia e concello da Illa de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da vertente oriental da serra de Queixa, no macizo de Manzaneda, na parroquia de Cernado, concello de Manzaneda. O seu cumio acada os 1.592 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo e cirurxián francés. Licenciouse e doutorouse na Universidade de Lyon e, posteriormente, traballou na Universidade de Chicago (1905) e no Rockefeller Institute de Nova York (1906). Entre os seus traballos sobre fisiopatoloxía e cirurxía experimental, cómpre destacar os dedicados ás suturas e aos enxertos das arterias, ao cultivo de tecidos in vitro, realizados xunto con Montrose Thomas Burrows, ao transplante de órganos (1908) e á desinfección das feridas de guerra (método de Carrel-Dakin). É autor, entre outras obras, de L’homme, cet inconnu (O home, ese descoñecido, 1935). Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1912.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de feixes de cereais que se van dispoñendo de forma horizontal nun lugar.
-
Grupo de froitos unidos a un mesmo talo, especialmente cando é de uvas.
-
-
-
Parte posterior do corpo humano comprendida entre os ombros e a cintura.
-
Parte posterior do corpo dos animais situada entre o pescozo e os cadrís.
-
Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto das persoas e dos demais animais vertebrados.
-
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘corpo’.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, á beira do Mar Cantábrico, ao NO de Gijón (10.533 h [1996]). A capital é Candás. A principal actividade económica é a gandería bovina e a pesca. A industria centra a súa produción principalmente nas salgaduras e nas conservas de peixe. Tamén é importante a industria de materiais de construción como o cemento e o sector metalúrxico. Dentro do termo está a igrexa románica de Santa María de Piedeloro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Adscrito á escola barroca madrileña, inicialmente se dedicou á pintura relixiosa e realizou os frescos da igrexa de San Antonio dos Portugueses, do Palacio Real de Madrid, da catedral de Toledo, así como diversas versións de La Inmaculada. En 1671 foi nomeado pintor de cámara e especializouse no retrato. Influído por Velázquez e Van Dyck, a súa pintura caracterízase pola serenidade, a elegancia e a pincelada vigorosa. Entre as súas obras destacan os retratos de Carlos II e da raíña Mariana, do duque de Pastrana (1670) e do embaixador ruso Ivanovič Pot’omkin, e entre as súas últimas creacións, diferentes retratos de bufóns da corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueóloga. Directora do servizo de arqueoloxía do concello de Lugo. O seu eido de investigación é a romanización en Galicia, sobre todo o mundo romano lucense. Dirixiu e participou en diferentes escavacións en Lugo. Colaboradora de revistas como Lucensia ou Larouco, participou nas obras colectivas Los orígenes de la ciudad en el noroeste hispánico (1996) e Galicia castrexa e romana (1997). É autora de Marcas de alfarero sobre terra sigillata halladas en Lucus Augusti (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político. Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas no primeiro goberno autonómico (1982). Foi tamén director de Obras Públicas da Deputación Provincial de Ourense, director xeral de coordinación de investimentos no ministerio de Obras públicas e presidente da comisión nacional de recursos da auga no III Plan de Desenvolvemento. Presidiu a comisión nacional de Deportes de Alianza Popular (1986-1996) e, a partir de 1989, foi deputado no Parlamento español polo Partido Popular. Foi voceiro do Grupo Popular na comisión parlamentarias de Deportes (1989-1996), e da comisión de Transportes e secretario da comisión de Infraestruturas a partir de 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e crítico literario. Catedrático de Lenguas Romances da Brown University en EE UU, foi presidente da asociación internacional de Estudios Gallegos e secretario da Modern Languages Association. Escribiu, entre outras obras: El romancero lírico de Lope de Vega, Poesía selecta, El castigo sin venganza e El perro del hortelano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Academia de San Alejandro e viviu en España entre 1932 e 1935. En 1936 instalouse en México onde coñeceu os muralistas Diego Rivera e David Alfaro Siqueiros, e posteriormente, en 1940, contactou cos surrealistas en Nova York. Despois de pasar por unha época próxima ao cubismo, a súa pintura achegouse á abstracción aínda que máis tarde regresou ao surrealismo. Entre as súas obras cómpre resaltar Los cortadores de caña (1943) e Imágenes del comienzo (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Carreira.
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático ecuatoriano. Foi embaixador e ministro de Asuntos Exteriores do seu país en diversas ocasións. Como ensaísta traballou sobre temas literarios e políticos de signo socialista, e como poeta recibiu a influencia do simbolismo francés. Da súa produción poética destacan as obras: Estanque inefable (1922), La guirnalda del silencio (1926), Lugar de origen (1947). A súa obra recompilouse nos volumes Registro del mundo (1940) e Edades poéticas (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi un dos xefes da revolta contra os españois. Asumiu o poder en 1811 pero, derrotado polos españois, foi substituído por O’Higgins en 1813. A rivalidade entre ambos os dous líderes contribuíu ao desastre de Rancagua en 1814. Exiliouse a Arxentina e, nun dos seus intentos de levantamento contra O’Higgins, foi detido e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica nicaraguana. Modelo de profesión, a difusión da súa imaxe a través dos medios de comunicación abriulle as portas do cine e da televisión, onde triunfou coa serie Centennial. Participou noutras coñecidas series como Dallas ou Masada. Entre os seus filmes cómpre citar: Puzzle of a Downfall Child (Quebracabezas dunha caída infantil, 1970), When Time Ran Out (Cando o tempo volve atrás, 1979), Never Say, Never Again (Nunca digas nunca xamais, 1983) e Love is All There This (Amor é isto todo, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Chegou a Galicia en maio de 1811, enviado polo marqués de la Romana, ao mando de 2.000 homes; este continxente uniuse ás milicias populares para constituír a División do Miño, á fronte da que dirixiu a toma de Santiago de Compostela (23.5.1809). Morreu durante o asalto de Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Dirixiu a revolta antiliberal contra Morazán e Gálvez en 1839. Trala vitoria exerceu unha ditadura militar en Guatemala, que separou das Provincias Unidas de América Central. Foi presidente da República no período 1844-1848 e en 1851. Tres anos despois foi nomeado presidente vitalicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural correspondente ao apelido castelán Carrera.