Carrera, Bárbara
Carrera, Bárbara
Actriz cinematográfica nicaraguana. Modelo de profesión, a difusión da súa imaxe a través dos medios de comunicación abriulle as portas do cine e da televisión, onde triunfou coa serie Centennial. Participou noutras coñecidas series como Dallas ou Masada. Entre os seus filmes cómpre citar: Puzzle of a Downfall Child (Quebracabezas dunha caída infantil, 1970), When Time Ran Out (Cando o tempo volve atrás, 1979), Never Say, Never Again (Nunca digas nunca xamais, 1983) e Love is All There This (Amor é isto todo, 1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Managua