Carreño, Mario
Carreño, Mario
Pintor. Estudiou na Academia de San Alejandro e viviu en España entre 1932 e 1935. En 1936 instalouse en México onde coñeceu os muralistas Diego Rivera e David Alfaro Siqueiros, e posteriormente, en 1940, contactou cos surrealistas en Nova York. Despois de pasar por unha época próxima ao cubismo, a súa pintura achegouse á abstracción aínda que máis tarde regresou ao surrealismo. Entre as súas obras cómpre resaltar Los cortadores de caña (1943) e Imágenes del comienzo (1961).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Habana