"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Escultor. Cultivou nun estilo sobrio o retrato, o monumento conmemorativo e funerario e o nu. En Córdoba fixo os monumentos a Antonio Barroso e ao Gran Capitán, retrato ecuestre do toureiro Lagartijo, e en Madrid o de Eduardo Rosales. Foi autor do nu Forma (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Discípulo de W. K. Röntgen, foi director do instituto físico-agronómico de San Petersburgo e membro directivo da Academia das Ciencias da URSS. Estudiou as propiedades físicas e eléctricas dos cristais e dos semicondutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que deriva do nome persoal grego ε ἰ ρηνα ῐ ος ‘pacífico, dedicado á deusa da paz’, que pasou ao latín -primeiro como xentilicio e despois como nome propio- como Irenaeus ou Ireneus ‘consagrado á paz’, ‘o pacífico’. Santo Ireneo de Lyon (130?-208?) celébrase o 28 de xuño.
-
PERSOEIRO
Pai da Igrexa e bispo de Lyon (178?-202?). Discípulo de san Policarpo, bispo de Esmirna, foi un dos principais teólogos do seu tempo. En Lyon foi ordenado sacerdote por san Potino e participou activamente nas disputas teolóxicas do seu tempo. Orientou a súa actividade para a evanxelización da Galia e para a loita contras as herexías; destacou fundamentalmente como polemista antiagnóstico e profundo coñecedor da tradición católica. Escribiu Adversus haereses. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo persoal un facho aceso na man. Venerado como mártir, a súa festividade celébrase o 28 de xuño, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás iridáceas.
-
Planta herbácea da familia das iridáceas.
-
Familia de liliais que consta dunhas 1.500 especies de plantas herbáceas rizomatosas ou bulbosas, con follas alongadas, con flores epixenéticas, trímeras, hermafroditas, de periantio coroliforme, e con froitos capsulares dehiscentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isolda.
-
PERSOEIRO
Orador grego. Discípulo de Isócrates e mestre de Demóstenes. Consérvanse once dos seus discursos, moi útiles para o coñecemento da lexislación ática.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás isoetáceas.
-
Planta da familia das isoetáceas.
-
Familia de pteridófitas integrada por plantas herbáceas, hidrófilas ou acuáticas, de talo moi curto, a miúdo disciforme, provista interiormente de apéndices radiciformes fasciculados, e coroada por unha roseta de follas subuladas ou lineais, liguladas e de base envaiñada.
-
-
PERSOEIRO
Compositor checo. Perfeccionou os estudios musicais en Leipzig e en Viena. Recolleu, por unha parte, o folclore moravo e, pola outra, evolucionou cara ao expresionismo. Destacan as súas óperas Jenufa (1904), Kata Kabanová (1921), Příhody Lišky Bystroušky (A barraca astuta, 1924) e Z mrtvého domu (Da casa dos mortos, sobre a obra homónima de Dostojevskij, 1930). Deixou tamén obras corais, música de cámara, pezas orquestrais e obras didácticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Coñecido como Jaqui, ensinou en Pisa e probablemente en Florencia. Escribiu, en latín, un tratado contra Avicena e un comentario á parte patolóxica do Kitāb al-man ṣ ūrī, de al-Rāzī (In nomun librum Rasis ad Almansorem, 1564).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tisiólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou a maior parte da súa vida profesional en Venezuela, onde se exiliou por mor da Guerra Civil. Escribiu diversos artigos para revistas de divulgación científica relacionados coa tuberculose.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr leonés. Poeta tardío, estivo na corte de don Denís e probablemente tamén na de Afonso IV ou na do conde de Barcelos. Consérvanse 2 composicións de circunstancias da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: un pranto dedicado a don Denís, pola súa morte (1325), e unha cantiga encomiástica (1340?) dedicada a Afonso IV, en que tamén gaba o conde de Barcelos e o infante don Pedro, futuro Pedro I de Portugal. O pranto segue a métrica tradicional (decasílabos con rima abba cca), mentres que a cantiga encomiástica reflicte un esquema estrófico (heptasílabos con rima ababcdcd) que non é moi abondoso na lírica trobadoresca galego-potuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema segundo o que toda curva pechada e plana determina no resto do seu plano unha partición en dúas rexións, unha delas (interior) é finita, mentres que a outra (exterior) non é finita. Ambas as dúas rexións están separadas pola curva e son conexas, é dicir, é posible unir dous puntos dunha rexión por medio dun arco que non corte a curva dada.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Foi elixido secretario xeral da Conféderation Générale du Travail (1909) e colaborou na creación da Organización Internacional do Traballo. En 1949 foi un dos fundadores da Confederación Internacional de Sindicatos Libres. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Cultivou os máis diversos xéneros dramáticos e adoptou sempre unha actitude entre crítica e satírica, que xa aparece nas primeiras obras, onde recreaba elementos míticos e temáticas bíblicas. Este feito provocou que a súa obra estivese prohibida entre 1933 e 1945 polo réxime nazi, tempo no que se exiliou en Suíza, onde morreu. O seu primeiro éxito, Os burgueses de Calais (1914), foi seguido de varias propostas de tipo expresionista e futurista, como Do amencer á medianoite (1917), Coral (1917), Gas I (1918) ou Gas II (1920), nas que, sen embargo, latexa un fondo compromiso co humanismo e coa loita contra a opresión, contra as armas de destrución masiva e a despersonalización. Posteriormente, escribiu Kolportage (1924), O soldado Tananka (1940), Napoleón en New Orleans (1937-1941) e A balsa de Medusa (1940-1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
camboxano.
-
PERSOEIRO
Economista e matemático ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS, colaborou na teoría soviética da aplicación da programación lineal ao cálculo da planificación económica. Foi galardoado co Premio Nobel de Economía en 1975, xunto co economista estadounidense T. Koopmans, polas súas achegas á teoría da óptima localización dos recursos económicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ruso. Estudiou no Instituto Politécnico de Petrogrado (San Petersburgo) e na Universidade de Cambridge. Traballou xunto con Rutherford na Universidade de Cambridge e foi director do Instituto Vavilov de Problemas Físicos de Moscova. Espacializóuse no estudo das temperaturas baixas e construíu un aparato para obter helio líquido. Tamén participou no programa espacial soviético e investigou sobre a fusión nuclear. Entre as súas obras destaca Experiment, theory, practice (Experimentos, teoría, práctica, 1980). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Arno Penzais e Robert Wilson, polos seus traballos na física de baixas temperaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico húngaro. Diplomado pola Universidade de Budapest en 1902 e pola de Göttingen en 1908, foi profesor en Aquisgrán entre 1912 e 1921, e no CIT (California Institut of Technology) e dirixiu o Guggenheim Aeronautical Laboratory do CIT en Pasadena, entre 1930 e 1949. Deseñou as roscas Karman, que diminúen a interacción aerodinámica entre a á e a fuselaxe. A súa obra céntrase principalmente na aerodinámica, propulsión a chorro e os foguetes. Participou nos programas de investigación espacial de EEUU e desenvolveu o primeiro foguete teledirixido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jiří Karpeles.