Kaiser, Georg
Dramaturgo alemán. Cultivou os máis diversos xéneros dramáticos e adoptou sempre unha actitude entre crítica e satírica, que xa aparece nas primeiras obras, onde recreaba elementos míticos e temáticas bíblicas. Este feito provocou que a súa obra estivese prohibida entre 1933 e 1945 polo réxime nazi, tempo no que se exiliou en Suíza, onde morreu. O seu primeiro éxito, Os burgueses de Calais (1914), foi seguido de varias propostas de tipo expresionista e futurista, como Do amencer á medianoite (1917), Coral (1917), Gas I (1918) ou Gas II (1920), nas que, sen embargo, latexa un fondo compromiso co humanismo e coa loita contra a opresión, contra as armas de destrución masiva e a despersonalización. Posteriormente, escribiu Kolportage (1924), O soldado Tananka (1940), Napoleón en New Orleans (1937-1941) e A balsa de Medusa (1940-1943).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Magdeburg -
Deceso
Lugar : Ascona, Suíza