"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo ou peza formado polo trazado de dúas liñas verticais e dúas horizontais, formando nove particións a xeito de taboleiro axadrezado, das que, alternativamente, cinco serán de metal e catro de cor.
-
-
Calidade de equipolente.
-
Relación de igualdade lóxica entre dous conceptos ou dúas proposicións de igual extensión.
-
Relación de equivalencia entre vectores fixos do espazo euclidiano. Dous vectores son equipolentes se existe unha translación que transforma un no outro; isto significa que teñen o mesmo módulo, a mesma dirección e o mesmo sentido. As clases de vectores equipolentes chámanse vectores libres.
-
-
-
Igual en forza, efectividade ou significación.
-
Aplícase ao concepto ou proposición que ten a mesma extensión ca outro.
-
Que cumpre a equipolencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igualdade de peso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igual a outra cousa en peso.
-
-
Equiparar en peso.
-
Ser dúas ou máis cousas de igual peso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación de equivalencia entre conxuntos, entre os que é posible establecer unha aplicación bixectiva. Dous conxuntos equipotentes teñen a mesma potencia e denomínanse tamén conxuntos de igual potencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás liñas ou superficies nas que a función potencial ten un valor constante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que cumpre a equipotencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a dous ou máis acontecementos que son igualmente probables, é dicir, que teñen unha lei de probabilidade uniforme. Por exemplo, esta situación preséntase no caso dun dado que non está trucado.
-
-
Relativo ou pertencente ás equisetáceas.
-
Fento da familia das equisetáceas.
-
Familia de fentos á que pertence o xénero Equisetum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos perennes cun aparato vexetativo composto por un sistema de rizomas subterráneos, do que parten un número variable de frondes aéreas moi ramificadas con verticilos de microfilas escuamiformes, fusionadas entre si, e que fan unha vaíña que rodea o talo. Nos nós do rizoma aparecen, alternando con cada microfila da vaíña, un primordio rameal que orixinará pólas aéreas ou subterráneas. Todas as raíces son adventicias, a excepción da raíz primaria do embrión. Na Península Ibérica están presentes: E. arvense, E. ramosissimum e E. telmateia, presentes en toda a Península; E. fluviatile, E. hyemale e E. palustre, limitados á metade N da Península Ibérica; E. sylvaticum, moi localizado na Cordilleira Cantábrica; e E. variegatum, presente nos Pireneos e na Cordilleira Cantábrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De igual son.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coincidencia absoluta entre dous sons que o oído percibe como idénticos. Son equisonantes as oitavas simples, dobres, triples, etc, dunha nota. Tamén se inclúen os inharmónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de montar a cabalo. A técnica baséase tanto en saber montar e baixar do cabalo como en conducilo ben segundo os diferentes tipos de marchas (ó paso, ao trote, ao galope, etc) na dirección que o xinete pretende seguir. As normas que estableceron as bases da equitación moderna codificáronse no s XVIII na academia de La Guerinière. Na equitación coexisten dúas correntes básicas: unha, que corresponde á alta escola, practícase preferentemente en picadeiros ou en pistas e fundaméntase nun dominio rigoroso do xinete sobre o cabalo; a outra, chamada natural, exercítase no campo e baséase en deixar liberdade de movementos ao cabalo e en dirixilo habilmente coas rendas. A equitación é a base da especialidade deportiva denominada hípica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se extrae da cortiza dalgunhas árbores do xénero Alstonia. De acción semellante á do curare, emprégase como febrífugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla dobrada ao longo do seu nervio central, que envolve as follas do gromo máis novas ca ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten equidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que designa no Reino Unido o conxunto de normas establecidas e aplicadas na xurisdición do chanceler, a partir do s XVI, para completar e revisar a common law, insuficiente e pouco flexible. Caracterízase polo tratamento do caso individual e ten en conta principios de xustiza natural.
-
-
Relativo ou pertencente aos equiuroideos.
-
Metazoo da clase dos equiuroideos.
-
Clase de metazoos constituída por organismos triploblásticos celomados e protóstomos con simetría bilateral. Teñen o corpo dividido en dúas rexións: unha trompa anterior, que ten unha gran capacidade de extensión pero non invaxinable, e a parte posterior, que comprende o tronco coa rexión visceral, moi voluminosa. Todos os representantes son mariños e habitan sobre a area do fondo ou no interior de fisuras que aparecen nas rochas. O xénero máis característico é Bonellia.
-