"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    (Donaueschingen 1945) Pintor alemán. Formouse con Peter Dreher, Horst Antes e Joseph Beuys. As súas obras inclúense no neoexpresionismo alemán. Destacan, entre outras, A pintura da terra queimada (1974), A batalla de Hernann (1978) e Sulamith (1983). Realizou tamén unha importante obra bibliográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía artificial internacional do N de Alemaña, ao S da península de Xutlandia. Comunica o Báltico co mar do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Stavanger 1849 - Mons 1906) Escritor noruegués. Trátase dun dos autores satíricos máis destacados da literatura norueguesa, tal e como reflectiu en Garman og Worse (1881), Else (1882) e Fortuna (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (6.243 km2; 1.326.600 h [estim 1993]). A súa capital é ES-TRAD;mso-fareast-language: Rach Gia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (13.309 km2; 1.308.000 h [estim 1994]). A súa capital é Moshi (52.223 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación do NL de Tanzania, situada na rexión fronteiriza con Kenya. Os seus picos volcánicos máis altos, separados 11 km entre si, son o Mawensi, de 5.355 m de altitude, e o Kibo, que -cos seus 5.895 m de altitude- é o punto máis elevado de África. Cultívase café e plátano nas ladeiras inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Saint Claud 1943) Esquiador. Especialista en esquí alpino, gañou a Triple Coroa coas súas tres medallas olímpicas nos Xogos Olímpicos de Inverno de Grenoble (1968), nas especialidades de slálom, slálom xigante e descenso. Tamén gañou a Copa do Mundo (1967-1968) e foi copresidente dos Xogos Olímpicos de Inverno de Albertville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo estado e idade do Xurásico Superior formado por arxilas e margas negras. Caracterízase por unha fauna de ammonites e ostreidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Kimmeridxiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (øksfjord 1865 - Oslo 1926) Escritor noruegués. Representante dun romanticismo nórdico vinculado a unha visión nacional da cultura popular, escribiu Ungt Folk (Xente nova, 1893), Flaggermusvinger (Ás de morcego, 1895) e Herman Ek (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Cuba 1879 - Madrid 1962) Militar. Loitou en Marrocos e dirixiu a Escuela Civil de Aviación de Getafe. Participou no desembarco de Alhucemas (1925) e foi ascendido a xeneral (1929). Trala proclamación da Segunda República Española pasou á reserva e exiliouse (1931). Foi xefe da aviación durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Capitán xeneral de Mallorca (1939-1941) e de Catalunya (1941-1942), posteriormente dirixiu a Escuela Superior del Ejército. Interveu na conspiración monárquica contra F. Franco (1943-1948). En 1961 converteuse en marqués de Kindelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso e idade do Namuriano B de Inglaterra, situado sobre o Alportiano e baixo o Marsediano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Kinderscoutiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Australia, pertencente ao estado de Tasmania, situada na entrada O do estreito de Bass.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de deformación nun cristal ou nunha rocha laminada na que a orientación cambia a causa do escorregamento entre planos paralelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Geisa, Hessen 1602 - Roma 1680) Erudito e científico xesuíta. Fixo o primeiro mapa impreso das principais correntes mariñas e foi o primeiro en examinar o sangue a través do microscopio. A súa Ars magna sciendi (Amsterdan 1669) é unha adaptación da Art de Ramon Llull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Asia central que limita ao N con Kazakhstán, con China ao SL, con Taxikistán ao O, e ao S e ao O con Uzbekistán (199.900 km2; 4.968.000 h [estim 2001]). A súa capital é Biškek.
    Xeografía física
    País montañoso, máis da metade do territorio encóntrase entre os 1.000 e os 3.000 m de altitude e aproximadamente un tercio a altitudes comprendidas entre os 3.000 e os 4.000 m. No extremo L, na fronteira con China, o pico Pobedy é a máxima altitude do país (7.439 m). Esta rexión atópase no corazón da cordilleira do Tian Shan, de onde, desde China, xorden diversas aliñacións que en dirección O penetran en gran parte do territorio do Kirguizistán. Na fronteira S encóntranse as cordilleiras de Kokšaalatau, Alay e Zaaljek, esta última pertencente a Pamir. A área de neves perpetuas supera os 6.000 km2 e inclúe parte do glaciar de Inchylek. As terras baixas, de grande importancia económica, localízanse no val de Fergana, ao SL,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica fotográfica inventada polo enxeñeiro soviético Sem’on Kirlian, que consiste na colocación dun obxecto para fotografar dentro dun campo eléctrico de alta voltaxe, de xeito que apareza unha sombra de coroa ou auréola ao longo do perfil do obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mª Dolores Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Armenia (76.000 [estim 1989]). A súa economía baséase na industria química e no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO