Kindelán Duany, Alfredo

Kindelán Duany, Alfredo

(Santiago de Cuba 1879 - Madrid 1962) Militar. Loitou en Marrocos e dirixiu a Escuela Civil de Aviación de Getafe. Participou no desembarco de Alhucemas (1925) e foi ascendido a xeneral (1929). Trala proclamación da Segunda República Española pasou á reserva e exiliouse (1931). Foi xefe da aviación durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Capitán xeneral de Mallorca (1939-1941) e de Catalunya (1941-1942), posteriormente dirixiu a Escuela Superior del Ejército. Interveu na conspiración monárquica contra F. Franco (1943-1948). En 1961 converteuse en marqués de Kindelán.

Palabras veciñas

Kimura, Motoo | kina* | Kinck, Hans Ernst | Kindelán Duany, Alfredo | kindergarten* | Kinderscoutiano | kinderscoutiano -na