"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Río de Rusia que nace nas abas do El’brus e desemboca no mar de Azov, en forma de delta, despois de percorrer un curso de 870 km de lonxitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Los Angeles 1912 - Connecticut 3.10.1996) Historiador da arte estadounidense. Profesor da Yale University (1938-1983), especializouse en arquitectura moderna española. Publicou, entre outras obras, Arquitectura de los siglos XVII e XVIII, na colección Ars Hispaniae, Art and Architecture in Spain and Portugal and their American Dominions, 1500-1800 (1959), con Martín S. Soria, Studies in Classic Maya Iconography (1962) e Building the Escorial (1982).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nova York 1928 - 7.3.1999) Director cinematográfico. Inconformista e dun profundo sentido social, a súa linguaxe é directa, incisiva e violenta. Algúns dos seus filmes son The Killing (1956), Paths of Glory (1958), Spartacus (1960), Lolita (1962), 2001, a Space Odissey (1968), A Clockwork Orange (1971), Barry Lyndon (1975), Full Metal Jacket (1987) ou o póstumo Eyes Wide Shut (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Göttingen, Baixa Saxonia 1911 -? 1976) Científico alemán. Discípulo en Göttingen de L. Prandtl e A. Betz, traballou en Aerodynamischen Versuchsanstalt na aerodinámica de propulsión. Interveu, entre outros, no proxecto do avión Concorde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Guiyang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hans Süss.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Brno 1.4.1929) Escritor checo. Exerceu como profesor de cinematografía en Praga, ata que en 1979 deixou todas as súas ocupacións e marchou a Francia. Obtivo prestixio internacional en base a coñecidos títulos de contos e novelas, como Žert (A broma, 1968), Směšne Lásky (Amores ridículos, 1968), Kniha smíchu a zapomnění (O libro do rir e do esquecemento, 1981), Nesnesitelná lehkost byté (A insoportable levidade do ser, 1985), coa que realizou unha versión cinematográfica dirixida por P. Kauffman en 1987; Nesmrtelnost (A inmortalidade, 1989) e A ignorancia (1994). Editou tamén os ensaios L’art du roman (1986) e Les testaments trahis (1993). É doutor honoris causa pola Universidade de Michigan (1983).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sursee, Suíza 19.3.1928) Téologo suízo. Foi profesor de teoloxía fundamental, dogmática e ecuménica na Universidade de Tübingen (1960-1996). Entre 1962 e 1965 foi consultor teolóxico do Concilio Vaticano II, pero foi condenado pola Sagrada Congragación para a Doutrina da Fe do Vaticano (o antigo Santo Oficio) en 1979 polas súas opinións sobre a infabilidade do papa, a abolición do celibato e os posibles erros históricos en que puido caer o Concilio Vaticano, e revocóuselle a facultade para o ensino como católico. Dirixe a Fundación Ética Mundial (Welethos), entidade dedicada á investigación intercultural e interrelixiosa que defende unha ética mundial. Publicou Unfehlbar? Eine Anfrage (A infabilidade? Un interrogante, 1970), Existiert Gott? (Deus existe?, 1978) e Ewiges Leben? (Vida eterna?, 1982).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso e idade do Pérmico, comprendido entre o Artinskiano, na base, e o Ufimiano, no teito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Kunguriano.
-
CIDADES
Cidade e porto da provincia de Ch "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: ǒ lla Setentrional, República de Corea (266.569 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela en que se relata o proceso de maduración que corresponde á xuventude dun artista. Trátase dunha variedade do bildungsroman que se orixina no Romanticismo alemán. O exemplo clásico é Retrato do artista cando novo (1916), de James Joyce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guomindang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vjazynka, Vilnius 1882 - Moscova 1942) Poeta bielorruso. Cantou á vida dos campesiños e á ansia de liberdade en Mogila l’va (A tumba do león, 1910) e no drama Razor’ennoje gnezdo (O niño destruído, 1913). Reflectiu os cambios producidos trala Revolución de Outubro en Alesja (1935) e Ot serdca (De toda cor, Premio Stalin 1945).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Opočno, Bohemia 1871 - Puteaux 1957) Pintor checo. Establecido en París (1894), foi un dos primeiros artistas en cultivar a abstracción (Fuga en vermello e azul, 1911). Formou parte da Section d’Or e foi fundador do orfismo, con R. Delaunay, e do grupo Abstraction-Création.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Utrecht 30.8.1883 - Davos 7.3.1931) Pintor neerlandés. Coñecido como Theo van Doesburg, colaborou con P. Mondrian na investigación da pintura abstracta e na creación do grupo De Stijl e da revista do mesmo nome (1917). En 1926 discrepou de Mondrian e publicou o manifesto do elementarismo, no que defendeu o emprego da composición diagonal do ángulo recto. En 1930 publicou o manifesto Art Concret, no que pasou a denominar arte concreta á arte abstracta. Entre as súas obras teóricas destacan Classique, Baroque, Moderne (1921) e Grundbegriffe der neuen gestaltenden Kunst (Principios fundamentais da nova arte plástica, 1924).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (28.817 km2; 1.465.205 h [estim 2001]). A súa capital é Sanandaj (277.808 h [1996]).
-
REXIÓNS
Rexión do SO de Asia, de límites pouco precisos, dividida entre Turquía, parte de Armenia, N de Iraq, NO de Irán e unha pequena parte de Siria. É unha rexión montañosa con altitudes superiores aos 3.500 m, moi seccionada por profundas gorxas de difícil acceso que favoreceu o mantemento da comunidade kurda e as súas tradicións. Defensores da independencia nacional, os kurdos rexeitaron someterse ao poder dos soberanos que os dominaron, feito que provocou frecuentes rebelións locais. Trala derrota otomana na Primeira Guerra Mundial, os kurdos, apoiados pola Declaración Wilson (1918), que contemplaba a autonomía das nacionalidades non turcas que formaran parte do imperio, aspiraron á independencia, proposta polo Tratado de Sèvres (1920). O rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Atatürk e as diferencias tribais impedírono e polo Tratado de Lausanne (1923) o territorio kurdo fraccionouse entre Turquía, Siria, Iraq, Irán e Armenia. Os ingleses incluíron Mossul e Kirkūk, cos seus...
VER O DETALLE DO TERMO