Kundera, Milan
Kundera, Milan
(Brno 1.4.1929) Escritor checo. Exerceu como profesor de cinematografía en Praga, ata que en 1979 deixou todas as súas ocupacións e marchou a Francia. Obtivo prestixio internacional en base a coñecidos títulos de contos e novelas, como Žert (A broma, 1968), Směšne Lásky (Amores ridículos, 1968), Kniha smíchu a zapomnění (O libro do rir e do esquecemento, 1981), Nesnesitelná lehkost byté (A insoportable levidade do ser, 1985), coa que realizou unha versión cinematográfica dirixida por P. Kauffman en 1987; Nesmrtelnost (A inmortalidade, 1989) e A ignorancia (1994). Editou tamén os ensaios L’art du roman (1986) e Les testaments trahis (1993). É doutor honoris causa pola Universidade de Michigan (1983).