Kun, Béla

Kun, Béla

(Szilágycseh, Transilvania 1886 - Ucraína 1939?) Político húngaro. Colaborou na creación do Kommunista Part Magyar e no goberno revolucionario (a República dos Consellos) que durou 133 días, no que mantivo a titularidade do Ministerio de Asuntos Exteriores. Obrigado a fuxir pola intervención estranxeira, exiliouse en Moscova. Durante as purgas stalinistas foi detido e fusilado.

Palabras veciñas

Kummer, Ernst Eduard | Kumo | kumquat* | Kun, Béla | kuna | kunama | Kundera, Milan