kumquat*
kumquat*
-
s
m
[PLANTA]
Arbusto de follas alternas unifoliadas, flores aromáticas e froitos pequenos (2,5-3,2 cm de diámetro), agrupados en acios, de cor amarela dourada, semellantes a unha laranxa pequena; teñen a polpa ácida e as sementes pequenas, e son consumidos frescos, como froita de mesa, ou en conserva. Procedente do Leste asiático, cultívase en California, onde se dá tamén unha variedade de froitos ovais (F. margarita).
-
s
m
[BOT]
Froito do arbusto homónimo, de tamaño similar a unha oliva grande e redondeado, de cor alaranxada e de pel lisa e comestible; é moi rico en vitaminas B 1 , B 2 , C e E.