kumiko
-
adx
Relativo ou pertencente aos kumikos ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo kumiko.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo indíxena do N do Caúcaso que habita fundamentalmente nas chairas de Daguestán, pero que tamén se estende por Osetia do Norte, Turquía, Irán e Siria. A súa economía tradicional baseábase na agricultura, pero o goberno soviético forzou o seu reasentamento e privounos de boa parte das súas terras de labranza polo que destruíu as pautas de poboamento tradicional. Posúe unha elevada proporción de poboación urbana que traballa maioritariamente na industria. Durante a década de 1980 o movemento nacional kumiko experimentou un rexurdimento e durante o Primeiro Congreso Nacional Kumiko fundouse o Movemento do Pobo Kumiko Tenglik (1989). De relixión musulmana, conservan diversos rituais de orixe preislámica.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia turca do phylum altaico que se fala na Rusia europea e na Turquía asiática.