"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa do sueste de Alemaña. Esténdese entre as cidades de Ratisbona e Passau, e entre os ríos Danubio e Regen, que a separan da selva de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marxe dunha estrada, marcada cunha liña, que se destina aos peóns, a bicicletas e vehículos de tracción animal, e á parada de vehículos en caso de necesidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, empresario e autor teatral. Foi un dos primeiros en aproveitar as novas técnicas publicitarias para o lanzamento e mitificación dos actores. Traballou no teatro Metropolitano. Obtivo grandes éxitos con melodramas románticos como The wife (A esposa), May Blossom, Men and women (Homes e mulleres) e Valerie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica monocroma, con emprego exclusivo da cor vermella e puída, que define o Calcolítico antigo do sur de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • David Gruen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, drenado polo río Órbigo (3.096 h [1996]). A súa economía é fundamentalmente agraria, predominando o cultivo dos cereais e da vide. Ten tamén explotacións gandeiras. Afonso VII o Emperador promoveu nas súas inmediacións a fundación dun cenobio cisterciense que foi abandonado trala desamortización de 1835. Benavides foi a capital da xurisdición do Conde de Luna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Castela que se asentou en Galicia. O seu tronco foi Fernando Alonso de Benavides, fillo do Rei de Castela Alfonso VII o Emperador, que lle concedeu o señorío da vila e estado de Benavides. As súas armas levan, en campo de prata, un león rampante de goles, barrado con tres barras de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dominicano. Foi lector de Teoloxía e mestre de novicios. Publicou Meditaciones Breves, Vida de San Vicente Ferrer (1714) e Manual práctico del misionero y modo de administrar los Santos Sacramentos cuando son muchos los que han de recibirlos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Novelista e xornalista. Comezou a súa produción con obras de análise psicolóxica para logo derivar cara a unha temática política. Das súas primeiras novelas destacan, entre outras: Lamentación (1922), En lo más hondo (1923) e El último pirata del Mediterráneo (1934). En 1939 exiliouse en México, onde publicou os quince volumes de Luz sobre España, serie de reportaxes noveladas da Guerra Civil española, escritas desde o punto de vista do Partido Comunista español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Interveu no golpe de estado que derrocou o Presidente Guillermo Billinghurst (4.2.1914) e ocupou provisionalmente a Presidencia da República (1914-1915), ata a elección de José Pardo. En 1930 participou no derrocamento do Presidente Leguina, que deu o poder ao comandante Luis Miguel Sánchez Cerro. Despois do asasinato do Presidente Sánchez Cerro, regresou do seu exilio europeo e foi elixido Presidente. Durante os anos da súa Presidencia (1933-1939) iniciou unha política de conciliación con Colombia e de represión da oposición interior. Nos últimos anos do seu mandato tivo que facer fronte a un movemento revolucionario encabezado polo xeneral Rodríguez, feito que lle valeu como pretexto para modificar a Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo norteamericano. Dirixiu o equipo que preparou as primeiras edicións do Manual of determinative bacteriology (Manual de bacterioloxía determinativa), na que se establece unha sistemática das bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo norteamericano de orixe alemana. Profesor de linguas vivas en América, ideou un método de ensino baseado na asociación do obxecto e da acción coa palabra que o designa, prescindindo da gramática. Puxo en práctica por vez primeira este sistema nunha escola que abriu en Providence (Rhode Island) en 1878, cunha fórmula que se espallou por todo o mundo. O método Berlitz transformou a pedagoxía do ensino das linguas vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta indio en lingua sánscrita de época indeterminada, coñecido xa no s VII. Escribiu o poema épico Kirātārjunīya (Combate do cazador Siva e Arjuna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Dedicouse ao estudo da Anatomía e da Patoloxía. Considerado como un dos creadores da medicina científica moderna, foi o introdutor do concepto de tecido como unidade morfolóxica e fisiolóxica dos seres vivos, e como o lugar no que se producen as lesións. Estableceu as bases da histoloxía e da anatomía patolóxicas en Traité des membranes en général et des diverses membranes en particulier (Tratado das membranas en xeral e das diversas membranas en particular, 1800) e Anatomie générale appliquée (Anatomía xeral aplicada, 1801). Na obra Recherches physiologiques sur la vie et la mort (Investigacións psicolóxicas sobre a vida e a morte, 1800), adoptou unha actitude vitalista, ligada en parte ás ideas da escola da Montpeller, pero na que xa había conceptos estritamente organicistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de bicóncavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, arqueólogo e humanista. Exerceu varios cargos na curia romana. Imitou a Tito Livio nas Historiarum ab inclinatione romani imperii ad annum 1440 (Historia do Imperio romano dende a decadencia ata o ano 1440, 1483).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico norteamericano. Estudiou nas universidades de Chicago e Harvard e foi profesor en Princeton (1909-1912) e en Harvard (1919-1944). Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais lineais e, baixo a influencia dos descubrimentos de Poincaré, empezou a traballar en Mecánica Teórica, especialmente en órbitas periódicas e estabilidade. Escribiu a memoria Dynamical System with Two Degrees of Freedom (1928) e estudiou o problema dos tres corpos mediante o método ergódico. Foi presidente da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS). Entre outras obras, escribiu Relativity and Modern Physics (1923) e The Origin, Nature and Influence of Relativity (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín inglés. Estudiou na Royal Academy of Dancing (Real Academia de Danza) e na escola do Sadler’s Wells Ballet, de Londres, da que foi primeiro bailarín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade administrativa baixo soberanía alemá creada por Hitler en marzo de 1939, cando se produciu o desmembramento de Checoslovaquia. Comprendía as provincias checas de Bohemia e Moravia, excepto os territorios dos Sudetes, que xa pertencían ao Reich dende os acordos de Múnic (setembro do 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO