Benavides

Benavides

Municipio da provincia de León, Castela e León, drenado polo río Órbigo (3.096 h [1996]). A súa economía é fundamentalmente agraria, predominando o cultivo dos cereais e da vide. Ten tamén explotacións gandeiras. Afonso VII o Emperador promoveu nas súas inmediacións a fundación dun cenobio cisterciense que foi abandonado trala desamortización de 1835. Benavides foi a capital da xurisdición do Conde de Luna.