Benavides

Benavides
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria de Castela que se asentou en Galicia. O seu tronco foi Fernando Alonso de Benavides, fillo do Rei de Castela Alfonso VII o Emperador, que lle concedeu o señorío da vila e estado de Benavides. As súas armas levan, en campo de prata, un león rampante de goles, barrado con tres barras de ouro.