"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • PERSOEIRO

    Polígrafo. En 1752 ingresou na Compañía de Xesús. En 1767 marchou a Italia a consecuencia do decreto de expulsión da orde asinado polo Rei Carlos III. En Roma publicou un catálogo de incunables hispánicos, estudios e diversas obras en defensa da colonización castelá de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Evolucionou dende un surrealismo inicial cara a un formalismo de filiación picassiana. Posteriormente acadou a abstracción. Foi un dos máximos expoñentes da vangarda artística da Xeración do 27.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Ademais de cursar estudios de debuxo e pintura, estudiou maxisterio e piano. Nas súas obras reproduciu as porcelanas de Sargadelos e os encaixes de Chantilly, Bruxas e Camariñas, ademais de paisaxes, bodegóns e monumentos antigos. Realizou exposicións en diversas cidades e vilas de Galicia e en Madrid. Da súa produción salienta Combarro e Divina Pastora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Entre as súas publicacións destacan a novela Pobre Luisa! (1885) e os estudios Dicionario tecnológico de ciencias médicas (1886), Higiene de la mujer (1889), Consideraciones clínicas acerca de la etiología y terapéutica de la neumonía (1893), Nociones de gimnástica higiénica (1894) e Historia de una epidemia de viruela (1898), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Intendente Xeral de Galicia dende 1721. Como corrixidor da Coruña, cargo inherente á intendencia, promoveu melloras nas rúas da cidade, así como a construción do acueduto de San Pedro de Visma e dos polvoríns de Montealto e A Estrada. Así mesmo, conseguiu a autorización real para crear na Coruña unha compañía para o comercio coas Indias, polo que dende abril de 1734 o porto da Coruña foi autorizado para abastecer de todos os xéneros de Europa ás provincias de Yucatán e Campeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta prerromántico. A súa primeira poesía publicada foi “Oda a Doña María Josefa Amalia, reyna de España” (1828). Influído por Horacio e Alfieri, escribiu Preludios de mi lira (1833). Publicou ademais o poema Cántico nupcial (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, na Comunidad Autónoma de Extremadura (2.438 h [1996]), situado no val do río Jerte, nunha das vertentes da Sierra Llana. A súa riqueza forestal, carballos e castiñeiros principalmente, permitiu o desenvolvemento dunha industria madeireira. O cultivo de cereais, viña, froitas e o gando lanar completan a actividade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde hai cagallada do gando lanar ou cabrío.

    2. Conxunto de cagallóns que defeca un cabalo ou un burro dunha soa vez.

    3. Aplícase á herba que o gando non come porque nace sobre unha bosta.

    4. Aplícase a unha variedade de cereixa de cor negra, pequena e moi doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo. Licenciado en Ciencias Políticas e consultor de empresas. Cofundou e presidiu a asociación cultural Abrente Galego en Madrid e o Centro Gallego de Castelló, impartindo ademais clases de gaita. Publicou diversos artigos: “A nosa gaita fala en galego” (1990), “A derradeira lección do mestre” (1992), “Gaita quae non religat” (1995) e “A música tradicional nos nomes propios” (1997). Escribiu, ademais, os libros Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega (1988) e Aires da terra. La poesía musical de Galicia (1993), estudo sobre a primeira agrupación folclórica galega que inclúe a biografía do seu fundador, Perfecto Feijóo, o seu arquivo inédito de partituras tradicionais e un estudo sobre a música galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica española dirixida en 1956 por Juan A. Bardem e interpretada por Betsy Blair, José Suárez, Yves Massard, Luis Peña e Manuel Alexandre, entre outros. Baseada na obra teatral La señorita de Trevélez de Carlos Arniches e inspirada na longametraxe I vitelloni (Os inútiles, 1953) de Federico Fellini, narra unha relación de amor baseada no engano e non correspondida entre unha solteira de certa idade e un home que acaba de chegar de Madrid. Nela aparece unha crítica á covardía da clase media. Gañou o Premio da Crítica Internacional na Mostra de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal de carácter obreirista que se imprentou na Coruña entre marzo e abril de 1936. Estivo inspirada principalmente por destacados cadros do Partido Sindicalista como Manuel Fernández ou Carlos Pereira, coñecido como Karper, críticos coa traxectoria apolítica e radicalizada da CNT galaica. Mantivo, non obstante, un espírito unitario, aberto á participación de persoas de moi diverso ideario, entre eles galeguistas como Plácido Castro ou o debuxante Cebreiro, republicanos como o Dr. Pérez Hervada e anarcosindicalistas moderados, representados na figura de José Villaverde, que estiveron presentes nas súas páxinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Amais de participar en numerosas longametraxes como actor secundario, traballou na radio e no teatro, tanto en Gran Bretaña como nos EE UU. Entre algúns dos seus papeis, cómpre destacar os filmes: His Woman (A súa muller, 1931), Gilda (1946), Wild is the Wind (Vento salvaxe, 1957), Touch of Evil (Sede de mal, 1958) e Johnny Cool (Johnny o Frío, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do tubo dixestivo que primeiro recibe os alimentos logo de ser inxeridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estómago dun animal, especialmente do porco ou da vaca.

    2. Cuarto compartimento do estómago dos ruminantes, onde se retoma a dixestión química iniciada no primeiro compartimento, o rume, e interrompida polo proceso de rumiado. A diferenza é que no calleiro a dixestión faise grazas a zumes segregados polas mesmas paredes do estómago (sobre todo pepsina) e non por bacterias simbióticas.

    3. Substancia empregada para callar o leite.

    4. Recipiente empregado para callar o leite destinado a facer manteiga.

    5. Denominación que recibían certas doenzas do estómago como a úlcera gástrica, a hiperclorhidria e outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas escudo acuartelado en aspa: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, cunha estrela de ouro; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Calderón. Ao desencadearse a rebelión de Hidalgo, derrotouna en Puente de Calderón (1811), e posteriormente dominou a insurrección de Morelos, xa co cargo de vicerrei (1813-1816). Ata a chegada de Fernando VII respectou as decisións das Cortes de Cádiz, pero co regreso do monarca anulou todas as reformas e amosouse autoritario.

    VER O DETALLE DO TERMO