Calle, La
Calle, La
Publicación semanal de carácter obreirista que se imprentou na Coruña entre marzo e abril de 1936. Estivo inspirada principalmente por destacados cadros do Partido Sindicalista como Manuel Fernández ou Carlos Pereira, coñecido como Karper, críticos coa traxectoria apolítica e radicalizada da CNT galaica. Mantivo, non obstante, un espírito unitario, aberto á participación de persoas de moi diverso ideario, entre eles galeguistas como Plácido Castro ou o debuxante Cebreiro, republicanos como o Dr. Pérez Hervada e anarcosindicalistas moderados, representados na figura de José Villaverde, que estiveron presentes nas súas páxinas.