"Alvar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 336.

  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa na obra gráfica con monotipos, nos que fai unha importante mestura con pinturas en pezas irrepetibles. Realiza tamén libros de artista e caixas, onde se ven as pegadas da súa propia vida. Acadou diversas bolsas e premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exerceu no Carballiño como Procurador dos Tribunais. Publicou Imperial Monasterio de Osera. Historia y documentos de esta ilustre casa religiosa (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor romántico. Amigo de Espronceda, publicou no 1852 unha continuación de El diablo mundo e numerosos poemas imitando os de Zorrilla, Espronceda e Lord Byron. A súa obra máis salientable é a narración La protección de un sastre (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Traballou en Tui a finais do século XVI e comezos do XVII. Autor do claustro do convento de San Domingos (1597) e a casa dos Correa (1599) en Tui. Atribúenselle as construcións das pontes de Sárdoma e da Veiga en Vigo así como diversas calzadas pertencentes ao camiño real. Tamén traballou no convento de Ganfei (Portugal) na reconstrución de parte do edificio conventual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Publicou Programa de un curso de nociones de Agricultura, precedido de elementos de Botánica más indispensables, dispuesto con sujeción al aprobado por el Consejo de Instrución Pública, para la Escuela Normal Superior de Santiago (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro conde de Sarria. Fillo de Álvaro Rodríguez, segundo conde de Sarria e da infanta Sancha posible irmá de Afonso VII. Logo dunha xuventude rebelde e desenfreada, no 1168 pasa á Corte leonesa de Fernando II, converténdose en cofundador da Orde de Santiago. Despois da doazón do Rei de Portugal no 1172 da vila de Abrantes e do castelo de Monte Santo á Orde de Santiago, recibiu o cargo de Comendador Maior. Daquela renunciara xa ao hábito de Santiago por mor quizais da loita entre os Castro e os Lara. O conde de Sarria era partidario dos Castro e da causa de León, non gustando de que o Rei Fernando II pactara cos Lara, para casar cunha dama castelá da súa casa. Fundou a Orde de Monte Gandío, sometida á do Cister, que chegou a ser moi poderosa tras doazóns de soberanos como o Emperador de Bizancio, Baluino I. En Galicia a súa liñaxe tivo dominio sobre lugares como As Nogais, Agueira, Doncos, Padornelo, Noceda ademais de posuír moitas terras na Península Ibérica, Italia e Oriente. A súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de cine cubano. Director do Noticiario ICAIC Latinoamericano, creado o ano 1960 na Habana, é autor de numerosas curtametraxes, que o converteron nun dos mellores documentalistas do mundo. Tamén realizou longametraxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Frade agostiño residente. No 1826 marchou a Filipinas onde administrou os lugares de Janinay e Jaro. Polo seu labor misioneiro concedéuselle a Cruz de Isabel a Católica. Así mesmo é autor de varias obras en dialecto hiligaíno para os seus fregreses como Estrella del Cielo, Camino del Cielo, Puente celestial, El Cielo abierto, Tesoro celestial, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de capela da catedral tudense, dende 1834 ata a súa morte. Durante o seu maxisterio houbo na catedral dificultades económicas, ata o punto de temerse a supresión da capela de música. Semella que o mestre non atendía axeitadamente aos nenos do coro, que chegou a quedar case sen compoñentes. Certamente, aínda que a súa longa traxectoria estivo chea de problemas, a súa produción musical foi moi abundante, e non de menor interese ca as dos seus predecesores, conservándose máis de 150 pezas na catedral, algunhas para instrumentos non propios do uso nos ambientes eclesiásticos daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    En 1920 publicou en Ferrol Legislación social española. El gobierno social español y los bancos sociales de retiro para las distintas clases sociales de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Teoloxía da Universidade de Santiago dende 1797. Publicou Alegación jurídica-monástica-dominicana, para servir de respuesta a la Representación hecha a Monseñor Nuncio de S.S. por el padre Gómez exprovincial de los dominicos (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Az, no concello de Rodeiro. O seu cumio está a 748 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recinto que rodea as colmeas situadas nun terreo para defendelas contra o mal tempo e a depredación dos animais, especialmente do oso. O seu emprazamento lévase a cabo no medio dun monte ou nun terreo con costa, de acceso pouco doado no que, ás veces, se practican escalonamentos ao xeito de socalcos, orientados ao nacente para obter máis sol. A planta pode ser redondeada, ovalada, cadrada ou rectangular; o peche consiste nun muro asentado sobre unha cimentación ou sobre o mesmo terreo; o remate son unhas pezas de pedra colocadas de plano a xeito de beiril, aínda que tamén poden ser unhas pedras verticais, ou non ter remate; sen embargo, non é este o único tipo de construción existente para a alvariza.

    2. Conxunto agrupado de colmeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Este nome vén do xermánico alls ‘todo, moi’ e wars ‘atento, prudente’. Así mesmo deu lugar ao xentilicio Álvarez; un dos apelidos máis frecuentes na actualidade. Hai dous santos con este nome: santo Álvaro García (s XIII), mártir no Algarve portugués (1242), e santo Álvaro de Córdoba (ss XIV-XV). O nome difundiuse por algúns países de Europa a partir da obra do Duque de Rivas Don Álvaro o la fuerza del sino (1835). A festa de santo Álvaro celébrase o 19 de febreiro. Presenta tamén a forma apocopada Álvar formada a partir da forma plena Álvaro que aparece en posición proclítica. Como hipocorístico recóllese Varo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor portugués do que se conserva só unha única composición fragmentaria, transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, coñecida como a “serrana de Sintra”. A rúbrica que a precede (“Pregunta que ffez Alvaro Afomso, cantor do senhor Inffante, a h~uu escollar”) permite identificar o autor co Álvaro Afonso, Mestre da Capela Real portuguesa, reformada e prestixiada polo Infante Don Pedro de Portugal, rexente entre 1440 e 1447, durante a minoría de idade de Don Afonso V. Nesa época, ou un pouco antes, foi composta a peza de Álvaro Afonso e, polo tanto, aínda que se conserve nun cancioneiro trobadoresco galego-portugués, debe ser excluída desa tradición literaria. Reforzan esa decisión, ademais do criterio cronolóxico, o xénero compositivo (unha pregunta), a métrica (unha oitava en versos de arte maior, máis dous versos iniciais doutra estrofa), a lingua (con solucións lingüísticas correspondentes ao século XV), e o estilo poético (típico da lírica de cancioneiro do catrocentos). A peza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario creado polos concellos de Vigo e Mondoñedo en 1991, ano no que se lle dedicou a Álvaro Cunqueiro o Día das Letras Galegas, co propósito de homenaxear a memoria deste escritor e difundir a súa obra e o seu significado na cultura galega. Convócase bianualmente e nel poden participar novelas ou conxuntos de relatos inéditos, sempre que superen as cento cincuenta páxinas. O fallo do xurado faise público normalmente o 22 de decembro, data que coincide co nacemento de Cunqueiro. Está dotado con dous millóns de pesetas. Na súa primeira edición (1991) resultou premiado Xesús Rábade Paredes coa novela Branca de Loboso; en 1993 Alfonso Álvarez Cáccamo co volume de relatos Xente de mala morte; en 1995 Xavier Lama cos relatos de Os moradores da nada. Na edición de 1997, a cuarta, tívose que adiar o ditame por mor do gran número de orixinais presentados. O fallo deuse a coñecer o 28 de de febreiro de 1999, coincidindo co aniversario do falecemento de Cunqueiro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi creado en 1988 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dotado economicamente con 1.000.000 de pesetas e convocado con carácter anual, podían acceder a el tan só textos teatrais inéditos. O premio incluía a publicación e, de ser o caso, a representación da obra premiada. Nas sete edicións que tivo resultaron gañadores do Premio: Roberto Salgueiro con O arce do xardín (1988); Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello (1989); Agustín Magán por Os rebertes (1990); Roberto Vidal Bolaño con Saxo tenor (1991); Xosé Cid Cabido e Andrés Vila con Copenhague (1992) e Manuel Riveiro Loureiro por O prazo. Convocouse por última vez en 1994, debido a unha reestruturación na política de premios da Consellería de Cultura, pola que se decidiu outorgar un único galardón, o Premio das Letras e das Artes de Galicia, no que se recoñece o labor de toda unha traxectoria vital dedicada á cultura galega. En xaneiro de 1999 o Instituto Galego das Artes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor probablemente portugués do que apenas se rexistran datos e que compuxo unha “pregunta” dirixida a Gómez Manrique tal e como figura no Cancioneiro de Baena, que foi composta ao redor de 1467.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico castelán. Dominico, predicador e reformador da súa orde. Foi confesor da Raíña Catalina de Lancáster, muller de Enrique III, e aio do infante Xoán. Defendeu os dereitos do infante para converterse en Xoán II de Castela, quen lle ofreceu o priorado do convento de Scala Coeli. A súa festa celébrase o 19 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO