Álvarez, Rodrigo

Álvarez, Rodrigo

Terceiro conde de Sarria. Fillo de Álvaro Rodríguez, segundo conde de Sarria e da infanta Sancha posible irmá de Afonso VII. Logo dunha xuventude rebelde e desenfreada, no 1168 pasa á Corte leonesa de Fernando II, converténdose en cofundador da Orde de Santiago. Despois da doazón do Rei de Portugal no 1172 da vila de Abrantes e do castelo de Monte Santo á Orde de Santiago, recibiu o cargo de Comendador Maior. Daquela renunciara xa ao hábito de Santiago por mor quizais da loita entre os Castro e os Lara. O conde de Sarria era partidario dos Castro e da causa de León, non gustando de que o Rei Fernando II pactara cos Lara, para casar cunha dama castelá da súa casa. Fundou a Orde de Monte Gandío, sometida á do Cister, que chegou a ser moi poderosa tras doazóns de soberanos como o Emperador de Bizancio, Baluino I. En Galicia a súa liñaxe tivo dominio sobre lugares como As Nogais, Agueira, Doncos, Padornelo, Noceda ademais de posuír moitas terras na Península Ibérica, Italia e Oriente. A súa liñaxe incorporouse logo á Orde de Temple, esmorecendo durante a primeira metade do s XIII.

Cronoloxía

  • Deceso