"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Estudiou no Conservatorio de París entre os anos 1896 e 1901. Dirixiu orquestras en Francia, Alemaña, Reino Unido e América do Norte. Dentro da súa produción, inscrita nunha tendencia impresionista, destaca a orquestración e dirección da estrea de Le martyre de Saint-Sébastien (O martirio de san Sebastián, 1911), de Debussy, e a peza Le miroir de Jésus (O espello de Xesús, 1923). Gañou o Gran Premio de Roma en 1901 coa súa cantata Myrrha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial e filántropo norteamericano de orixe escocesa. Logo de traballar nunha compañía de ferrocarrís, en 1865 fundou diversas empresas siderúrxicas, que en 1899 fusionou na Carnegie Steel Corporation. Retirado dos negocios, de acordo co que deixara establecido no seu libro The Gospel of Wealth (O evanxeo da riqueza, 1889), dedicouse á filantropía. Fundou diversas institucións benéficas e culturais nos EE UU e no Reino Unido, entre as que destaca a Carnegie Fundation for the Advancement of Teaching creada no 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gusta moito estar na casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolphe Jean-Marie Mouron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea del Castagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e pintor. Formou parte do grupo do Cenacle e cultivou o impresionismo e o expresionismo. Entre outras obras publicou Las Brigadas Internacionales de la Guerra de España (1974). En 1980 designárono director do arquivo histórico de Sabadell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero e maxistral da catedral de Lugo. En 1918 doutorouse en Filosofía e Teoloxía pola Universidade de Roma. Publicou El seminario y los problemas humanos (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do partido conservador, foi deputado, ministro da Coroa, presidente da Cámara de los Diputados e embaixador nas principais cortes europeas. Abandonou a política trala Revolución de 1868, e regresou baixo o reinado de Afonso XII. En 1877 nomeárono senador vitalicio. Colaborou para diferentes xornais e revistas e escribiu Apuntes y detalles que pueden ser útiles a quien escriba la historia de los acontecimientos de España desde 1863 hasta nuestros días (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Exerceu como avogado e xornalista antes de se introducir no mundo do cine, no que comezou como guionista. Destacou polas súas películas xudiciais, entre outras: Justice est faite (A xustiza está feita, 1950), Nous sommes tous des assassins (Nós somos todos uns asasinos, 1951), Oeil pour oeil (Ollo por ollo, 1956) e La raison d’ État (A razón do Estado, 1978). Dirixiu tamén: Les amants de Verone (Os amantes de Verona, 1948), Avant le Déluge (Antes do Diluvio, 1953) e L’amour en question (O amor en cuestión, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Redondela e realizada por Fernando Casas, quen contratou o proxecto no ano 1743 para reedificar un templo tardogótico do s XVI. A planta presenta unha nave rectangular de dous tramos, cuberta con bóveda de crucería e precedida dun coro alto amodo de nártice ou vestíbulo. Na cabeceira están o cruceiro, pouco desenvolvido e cuberto cunha bóveda nervada, e o presbiterio de grandes dimensións. No interior conserva o retablo maior e os laterais de estilo barroco. A fachada presenta un corpo prismático enmarcado entre dúas pilastras, no que se tentou destacar o eixe central rematado en espadana, o que aumenta a sensación de verticalidade. Está decorada con motivos xeométricos. Entre 1880 e 1884 realizáronse obras de restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, botánico e filósofo italiano. Foi profesor de medicina e director do xardín botánico de Pisa (1555) e, dende 1592, médico de Clemente VIII. Describiu coidadosamente a morfoloxía das flores e dos froitos na súa obra De plantis libri XVI (Libro XVI sobre as plantas, 1583), onde introduciu unha clasificación baseada nestes caracteres. Son importantes os seus estudios sobre a circulación do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, reconstruída en estilo barroco no ano 1725 polo mestre de obras Antonio López. Conserva a ábsida semicircular precedida dun tramo recto con trazas e ornamentación románicas que se corresponden co templo anterior. O arco triunfal é de medio punto e descansa sobre columnas entregadas con capiteis, un deles con decoración vexetal, o outro presenta a dous cuadrúpedes afrontados e agarrados polas extremidades dianteiras. Reforzando a bóveda do interior atópase un arco faixón de igual directiz que o triunfal, con capiteis vexetais moi deteriorados. No testeiro da ábsida destaca unha tripla arquería con arcos de medio punto apoiados sobre xambas que enmarcan estreitas fiestras abucinadas. No exterior o hemiciclo divídese en cinco panos pola adición de contrafortes que coinciden co faixón do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Participou na Guerra Civil española e na Resistencia francesa. Da súa produción destacan as obras Rien qu’un témoignage (Nada máis que un testemuño, 1937) e La superbe (A soberbia, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da Terra de Trives, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas) e San Xoan de Río, ao L cos da Pobra de Trives e Manzaneda (Terra de Trives) ao S cos de Vilariño de Conso (Viana) e Laza (Verín), e ao O co de Montederramo (Terra de Caldelas). Abrangue unha superficie de 171,8 km 2 cunha poboación de 719 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cadeliña, O Candedo, Casteligo, Casteloais, Celeiro, Chandrexa, Chaveán, Drados, Fitoiro, Fonteita, Forcadas, Parada Seca, Parafita, Queixa, Rabal, Requeixo, San Cristovo e Vilar. A capital municipal é o Lugar de Celeiros, na parroquia homónima, situada a 42° 18’ de latitude N e 7° 23’ de lonxitude O, 172 km ao SL de Santiago de Compostela e 67 km ao L de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Pobra de Trives, á provincia de Ourense e ás dioceses de Astorga e Ourense.
    Xeografía física
    O termo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Encoro sobre a cabeceira do río Navea, afluente do Bibei, provocado pola presa situada no límite entre as parroquias de Casteloais e Celeiros. Formado na confluencia dos regos de San Fiz e de Queixa co río Grande, baña ademais das parroquias xa citadas, as de Chandrexa, Vilar e O Candedo. A presa construíuse en 1953 e a súa finalidade é fundamentalmente o aproveitamento hidroeléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO