"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe do xénero Sphyraena da familia dos esfirénidos, de corpo alongado e delgado, de grandes dimensións (algunhas especies poden acadar máis de 2 m de lonxitude) e de cor grisalla. As barracudas viven en pequenos grupos, preto das costas, nos mares tropicais e temperados. Son carnívoras e moi voraces. Algunhas especies tropicais de maior tamaño poden chegar a atacar a especie humana. S. barracuda, do mar das Antillas, é a especie máis representativa. Na Península Ibérica pódese atopar a especie S. sphyraena, especie tropical que chega ata o golfo de Bizkaia, coñecida co nome de bicuda.
-
PERSOEIRO
Pintor. Viviu en Barcelona, onde realizou a maior parte da súa obra. Foi un dos primeiros pintores americanos interesados polo Cubismo e o seu estilo estivo moi emparentado co Futurismo italiano xa que tiña un compoñente dinámico, por iso intentou crear o Vibracionismo. Expuxo nas galerías Dalmau e colaborou en publicacións como Un enemic del poble.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Selo que cambia de valor e no que se imprime unha barra que anula o seu prezo, engadíndolle o valor correspondente.
-
Dise do escudo heráldico que leva barras.
-
-
-
de barrar.
-
Que se cerra hermeticamente con barra, especialmente o barril ou o trobo.
-
-
-
-
Tea ordinaria, de pel de camelo, apertada e impermeable, moi semellante ao camelote, usada especialmente para facer roupas de abrigo.
-
Abrigo de home feito desa tea.
-
-
Tecido de estame con atadura plana, moi apertada, feita actualmente como imitación do barragán.
-
-
RIOS
Río afluente do Oitavén pola esquerda, tamén coñecido como Freaza. Nace a 620 m de altitude no Coto Carballal, no S da parroquia de Traspielas (concello de Fornelos de Montes). O seu curso segue en principio unha dirección N-S, penetrando na parroquia de Gargamala (concello de Mondariz) para virar alí cara ao SO, adaptándose á tectónica. A seguir volve cara ao NO, servindo sucesivamente de lindeiro da parroquia de Traspielas, onde nacera, coas de Toutón (Mondariz), Xunqueiras e Moscoso (as dúas de Pazos de Borbén e xa con dirección S-N). Ao final do seu curso marca a fonteira entre as parroquias de Oitavén e Calvos (ambas as dúas de Fornelos de Montes), coa mesma dirección meridiana, desembocando no Oitavén no S do encoro das Eiras, a 190 m de altitude, logo dun percorrido duns 12 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Este alcume, de etimoloxía incerta, quizais proceda do gótico *barika, -kans, forma diminutiva de baro ‘home libre e apto para loitar’.
-
Liñaxe natural da vila de Pontevedra, dende onde saíron varias ramas que se estableceron en La Rioja, en Baeza e en case toda a Península durante a Reconquista. Segundo algúns tratadistas, desta caste descende Martiño Páez de Barragán, mestre de Santiago en tempos de Alonso IX de León. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e, ao seu pé, tendido no chan, un cabaleiro morto e dous corvos de sable aos lados, coas ás levantadas cebándose no cadáver.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das partes superiores da caderna que sobresaen da cuberta da embarcación, formando o esqueleto da orla e servindo de soporte á amurada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sitio onde hai moito barro.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias do Burgo (concello de Muras) e de Roupar (concello de Xermade). Ten 588 m de altitude no seu cumio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castrelo de Miño baixo a advocación da Nosa Señora das Neves.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barreiro.
-
Liñaxe orixinaria do lugar de Barral (Catoria), dende onde se espallou a Burgos e Andalucía. Tamén se esparexeron por Betanzos, Cuntis ou A Coruña; os de Cuntis e Sobrado descenden dos Castro. As súas armas levan, en campo de sinople, tres bastóns de prata postos en faixa e, brochante sobre el, unha á de aguia de ouro cargada de oito rosas de goles. Outra variante moi semellante trae, en campo de sinople, tres bastóns de prata ergueitos e postos en faixa, superados por unha á de aguia de ouro, cargada de oito rosas de goles.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e editor. A súa actividade como editor iniciouna na editorial Seix Barral de Barcelona, fundada no ano 1945; por causa de diferencias internas entre os seus editores, fundou no ano 1969 Barral Editores, dende onde promoveu a literatura en lingua española, sobre todo hispanoamericana, e a tradución de obras estranxeiras. Paralelamente a esta tarefa editora, publicou os libros: Las aguas reiteradas (1952), Metropolitano (1957), Diecinueve figuras de mi historia civil (1961), Usuras (1965), Figuración y fuga (1966), Informe personal sobre el alba (1970), Años de penitencia (1975), Los años sin excusa (1978), Catalunya des del mar (1982), Catalunya a vol d’ocell (Catalunya a voo de paxaro, 1985) e Los diarios (1993), que apareceu postumamente. Foi senador socialista entre os anos 1982 e 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de Arte. Catedrático de Historia da Arte na Universidade de Rennes e profesor na Sorbonne, contribuíu cuns estudios no eido da musivaria romana e medieval: Les mosaiques romaines et mediévales de la regió laietana (Os mosaicos romanos e medievais da rexión laietana, 1978), Els mosaics de paviment medievals a Catalunya (Os mosaicos do pavimento medievais en Catalunya, 1979) e Il mosaico (O mosaico, 1996). Tamén realizou traballos de investigación no eido da arquitectura e da pintura: La catedral románica de Vic (1979), L’art pre-románic a Catalunya: segles IX-X (A arte prerrománica en Catalunya, séculos IX-X, 1981) e os volumes O mundo romano 1.000-1.220 (1982 -1983) e La pittura in Italia. L´Altomedioevo (A pintura en Italia, o Altomedievo, 1994). No ano 1991 foi nomeado director xeral do Museo Nacional de Arte de Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Perito e profesor mercantil. Foi profesor de Contabilidade Superior e Cálculo e de Custos de Produción na Escola de Mandos Intermedios da Cámara de Comercio de Pontevedra e presidente da Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra (1969-1973). Publicou O aforro e a inversión en Galicia (1973), O aforro e a inversión na Galicia: Unha aproximación ao capitalismo galego (1975) e Autonomía e necesidade de control do aforro galego (1979). Obtivo varios premios de ensaio sobre a situación económica de Galicia e colaborou en distintas publicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo e historiador de Arte. Escribiu Guía de la archidiócesis de Santiago de Compostela (1965) e Santa María la Real de Conxo (1992); así mesmo, colaborou na realización de varias exposicións, entre as que destaca: Galicia no tempo (1991). Entre outros cargos que desempeñou foi presidente da comisión de cultura e arte do cabido, e director do museo catedralicio. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Representante dun realismo robusto e esquemático, a miúdo tinxido dun certo romanticismo. É autor da Tumba de Pablo Iglesias (1935) en Madrid, e de moitos bustos entre eles un de Antonio Machado (1926). Morreu como combatente republicano na Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caer chuvia miúda e fina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia miúda e espesa que cae con pouca forza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que cae barrallo.