"Aw" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

  • Título que recibían os membros da dinastía xerife alauita de Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe. En Brasil, onde emigrou en 1921, exerceu como xornalista e publicou a súa obra fundamental ‘Ala bisā Palatino; ṭ al-rī Palatino; ḥ (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Foi profesor de zooloxía nas universidades de Oxford, Birmingham e Londres, e director do Instituto Nacional de Investigacións Médicas de Londres. Descubriu que despois de inxertar células estrañas dun individuo en embrións de rato, o rato adulto aceptaba transplantes de pel deste individuo. Da súa produción destacan The uniqueness of the individual (1957), The art of the soluble (1967) e Pluto’s republic (1982). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1969), xunto a F. Burnet, polos seus estudios sobre as reaccións inmunolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de traballo que equivale a un millón de watts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de enerxía que equivale a un millón de watts-hora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Indonesia, situado ao SO de Sumatra e integrado polas illas Siberut, Sipura (Sakobau), Pagai Utara, Pagai Selatan e outras máis pequenas (5.091 km2; 20.000 h).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Naturalizado polaco, na década de 1930 converteuse no autor máis destacado da vangarda poética polaca. A partir de 1951 exiliouse en París, onde sobreviviu como escritor independente, e dez anos máis tarde ocupou a cátedra de Linguas e Literaturas eslavas na Universidade de Berkeley, en California. Na súa obra reflicte a beleza do mundo e o horror de quen o habita. Publicou Zniewolony umysl (O pensamento cautivo, 1953), Zdobycie wéadzy (O poder cambia de mans, 1955), Gdzie wschodzi séońce i gdzie zapada (Alí onde se pon e sae o Sol, 1974) e To (2000). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar polaco. Dirixiu a revolta polaca en Posnania en 1848. Cabeza da insurrección de 1863, foi derrotado en Radziejów e retirouse a París. Escribiu unha historia da revolución de Polonia (1836-1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Durante a Segunda Guerra Mundial residiu en Reino Unido, onde foi vicepresidente (1940-1943) e presidente (1943-1945) do goberno polaco no exilio. Vicepresidente dun goberno de unidade nacional (1945), exiliouse despois das eleccións de 1947, favorables aos comunistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político polaco. De nome Nikolaj Demko, tras a Segunda Guerra Mundial fundou a unión de ex-combatentes ZBOWID. Desde 1956 W. Gomulka nomeouno primeiro viceministro e despois ministro do Interior. En 1981, coa aparición de Solidarność e a toma do poder por parte dos militares, foi desprovisto dos seus cargos e obrigárono a retirarse en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tribo mohawk ou á súa lingua.

    2. Individuo da tribo mohawk.

    3. Tribo da América de Norte, unha das máis importantes dos iroqueses. Estendéronse ata o río San Lourenzo, polo N, e ata o Mississippi, polo O. Todavía sobreviven algúns centos de individuos.

    4. Lingua da familia iroquesa que fala o pobo mohawk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor polaco. Estudou en Varsovia e Berlín. Influído polas teorías do nacionalismo musical, foi o creador da primeira ópera polaca, Halka (1848). Tamén compuxo música sacra e música de cámara, e as obras Hrabina (1860) e Paria (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal inglés, vizconde de El-’Alamein. Participou nas dúas Guerras Mundiais. Como cabeza do exército británico en África, durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu a ofensiva vitoriosa de El-’Alamein (1942). En 1944 comandou as forzas de terra no Desembarco de Normandie e posteriormente dirixiu a liberación de Francia e de Bélxica. En 1946 foi nomeado xefe do Estado Maior imperial británico e en 1951 comandante adxunto da OTAN en Europa. En 1958 retirouse e escribiu Memoirs (1958) e The Path to Leadership (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Escocia, Reino Unido, que está situada na rexión de Strathclyde e que forma parte da conurbación de Central Clydeside (67.787 h [1991]). É un centro de industria metalúrxica. Motherwell e Wishaw uníronse en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e novelista polaco. Dun marcado carácter satírico-grotesco, os seus espectáculos, de gran prestixio no seu país, vincúlanse ao teatro do absurdo. Da súa produción destacan Meczenstwo Piotra Oheya (O martirio de Piotr Ohey’, 1954), Slon (O elefante, 1957), Tango (1964) e Szczesliwe wydarzenie (Feliz acontecemento, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro califa de Damasco (661-680). Foi fundador da dinastía omeia e membro da familia de Mahoma. ‘Umar I nomeouno gobernador de Siria (639) ata que, tras a morte de U Palatino; ṯ mān ibn ‘Affān (656), se negou a recoñecer a ‘Alī ibn Abī Palatino; Ṭ ālib e se proclamou califa en Xerusalén (661).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do changwat homónimo, Tailandia, situada na beira do río Ping (91.597 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (9.598 km2; 1.088.659 h [2000]). A capital é Nakhon Sawan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor persa. Autor de obras relixiosas e filosóficas en verso, destacou polo Safar-nama, unha relación en prosa das súas viaxes ás cidades santas do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Sind, Paquistán, situada á dereita de río Sind, ao N de Hyderābād (102.139 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO