Medawar, Peter Brian
Medawar, Peter Brian
Biólogo. Foi profesor de zooloxía nas universidades de Oxford, Birmingham e Londres, e director do Instituto Nacional de Investigacións Médicas de Londres. Descubriu que despois de inxertar células estrañas dun individuo en embrións de rato, o rato adulto aceptaba transplantes de pel deste individuo. Da súa produción destacan The uniqueness of the individual (1957), The art of the soluble (1967) e Pluto’s republic (1982). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1969), xunto a F. Burnet, polos seus estudios sobre as reaccións inmunolóxicas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rio de Janeiro -
Deceso
Lugar : Londres