"BRU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 267.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de alianza defensiva e de coordinación económica asinado en Bruxelas, o 12 de marzo de 1948, por Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e o Reino Unido, cunha validez de 50 anos. En 1955, coa adhesión de Italia e Alemaña Federal, o pacto serviu de base á articulación da Unión Europea Occidental.
-
-
Relativo ou pertencente a Bruxelas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bruxelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de ritos onde, segundo o coñecemento popular, se exercitan as bruxas. Este fenómeno permanece asociado a encarnacións en animais, especialmente ao castrón; lugares maléficos propios dos rituais, como os cemiterios, montes pelados e areais; días e horas nos que celebran encontros e reunións, concretamente o sábado ás doce da noite, pero especialmente as noites de San Xoán, San Pedro, Todos os Santos e Nadal. A bruxería, en tanto en canto constitúe un elemento cultural, cumpre diferentes funcións dentro da sociedade tradicional: por un lado explica os feitos desafortunados debidos ao azar e sen aparente explicación e, por outra banda, incluída dentro da tradición cristiá, representa o mal. A orixe das prácticas de bruxería pode estar na supervivencia de cultos pagáns, especialmente nas doutrinas dualistas cristiás e na crenza no poder do demo, moi estendidas na Europa medieval. As mulleres que a practican chámanse bruxas, e os homes, bruxos. A bruxería comportaba...
-
-
Home que se considera que ten poderes máxicos por pauto co demo para a adiviñación ou para a curación de enfermidades.
-
Home supostamente dotado de poderes sobrenaturais en determinadas culturas. Xeralmente administra coñecementos empíricos diversos, especialmente de medicina, e pasa por dominar forzas sobrenaturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neurose caracterizada pola tendencia a facer rinchar os dentes.
-
-
-
Instrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e empregado esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur. Consiste nunha agulla imantada, aloxada nunha caixa redonda e sostida sobre un pivote ou por medio dun fío sen torsión, co fin de que poida xirar libremente nun plano horizontal. Por efecto do campo magnético terrestre, a agulla oriéntase na dirección do meridiano magnético do lugar. No fondo da caixa hai unha rosa dos ventos que pode ser fixa ou solidaria á agulla; unha panca accionada dende o exterior permite inmobilizar esta posición determinada, co que se consegue que, ao mover o compás, a agulla, que neste caso é solidaria coa caixa, tome sucesivas posicións diferentes e, polo tanto, que a indución magnética sufrida sexa menor. No uso do compás cómpre ter en conta que o norte xeográfico non coincide co norte magnético e que, para obter a dirección daquel, é preciso engadir á dirección do norte magnético o valor da...
-
Tipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético, e no que se emprega como par antagonista o creado polo campo magnético terrestre sobre a agulla. O máis utilizado é o compás de tanxentes, no que a tanxente do ángulo de desviación é proporcional á corrente que se está a medir. Tamén se emprega o compás de senos, no que o seno do ángulo de desviación é o que determina a corrente que se quere medir.
-
compás de inclinación
Compás que ten o eixe da agulla horizontal, de xeito que esta se move nun plano vertical; isto permite obter a inclinación magnética do lugar.
-
compás de lente
Compás topográfico provisto dunha lente fixada á caixa mediante un brazo. Difire dun acimutal no feito de que o círculo graduado xira coa lente, mentres que os índices, representados polos extremos da agulla magnética, son fixos. O fondo da caixa adoita estar constituído por un espello, co fin de diminuír o erro na lectura. Ten a mesma aplicación có compás topográfico.
-
compás de peto
Compás portátil, sinxelo e de fácil manexo. Pode ter unha alidada de pínnulas abatibles incorporada, que dá unha maior precisión no cálculo dunha demora ou dun acimut.
-
compás topográfico
Goniómetro especial que, xeralmente, está formado por un compás ordinario que ten os extremos dun mesmo diámetro e sobre a parede da caixa, por unha parte, unha pínnula e, pola outra, un prisma triangular que permite á vez a visión do círculo graduado e a definición de visuais xunto coa pínnula, de xeito que forma con ela unha alidada. Nestas condicións, ao visar un punto, a lectura feita no círculo graduado a través do prisma será o acimut magnético daquel punto respecto á estación. Úsase no alzamento de planos de bosques e en traballos de minería.
-
-
-
Instrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias. Consiste, esencialmente, en dous brazos unidos por unha das extremidades, xeralmente mediante un pasador que permite a súa articulación. O compás de debuxo ten un brazo acabado nunha punta que permite fixalo e o outro provisto dunha peza para trazar liñas con lapis ou con tinta. Outros compases para debuxar son o bailarín e a bigoteira.
-
compás de arandela
Instrumento análogo a un compás de vara, empregado polos albardeiros para cortar círculos de diversas medidas.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cepillo feito con sedas duras e fortes que se usa para fregar a sucidade do chan, o teito, as paredes ou outras superficies.
-
PERSOEIRO
Pintor. Xunto con Ignacio Navarro fixo sete escudos de milagres para a ermida dos Remedios (Mondoñedo) en 1723.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Boca abaixo ou de ventre cara ao chan. OBS: A expresión caer de bruzos ‘caer cara a diante cos fociños no chan’ é sinónima de caer de fociños.
-
Posición que adoptaban as mulleres cando lavaban a roupa no río; consistía en colocarse de xeonllos nunha pena mentres o busto de bruzos se inclinaba sobre a auga do río.
-
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e director de escena. Iniciou a súa carreira teatral no grupo da Universidad Central de Caracas para despois participar na creación do Teatro de Arte de Caracas e do Nuevo Grupo. Entre as súas pezas hai que destacar Los insurgentes (1961), El día que me quieras (1979) ou Acto cultural (1976), peza a partir da que o Teatro da Mari-Gaila presentou un espectáculo homónimo en 1982, con dirección de Xulio Lago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cabra.
-
PERSOEIRO
Impresor establecido na cidade da Coruña arredor do 1860. Publicou o Boletín Judicial de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra e neta de Xurxo III de Inglaterra. Casou no 1795 co príncipe de Gales que ao pouco tempo se separou dela e a expulsou da corte. Cando o seu marido accedeu ao trono, como Xurxo IV, rexeitouna como raíña mais ela regresou a Londres e foi recibida triunfalmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro do movemento Corrente, cultivou a temática feminina, principalmente retratos e maternidades. En 1946 formou parte da Nova Secesión Artística Italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños da familia dos lábridos ao que pertence o vello.
-
PERSOEIRO
Escritor occitano. Convencido das teses de Mistral, foi teórico do rexionalismo e fundador da Fédération Régionaliste Française. É autor de Le Régionalisme (O rexionalismo, 1911) e Qu’est-ce c’est que le régionalisme? (Que é o rexionalismo?, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Traballou no campo da xeometría diferencial. Introduciu os símbolos que levan o seu nome e que aparecen na relatividade xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘gaiteiro’.
-
PERSOEIRO
Autor, compositor e empresario teatral francés. Escribiu máis de 350 cancións e compuxo tamén 10 operetas. Foi director e empresario de diversos teatros e locais parisienses dedicados ao music-hall, entre eles o Olympia desde 1954.
VER O DETALLE DO TERMO