bruzos, de

bruzos, de
  1. loc adv

    Boca abaixo ou de ventre cara ao chan. OBS: A expresión caer de bruzos ‘caer cara a diante cos fociños no chan’ é sinónima de caer de fociños.

    Ex: O neno caeu de bruzos e feriu a cara. Bebeu de bruzos na fonte.

  2. lavar de bruzos [ETN]

    Posición que adoptaban as mulleres cando lavaban a roupa no río; consistía en colocarse de xeonllos nunha pena mentres o busto de bruzos se inclinaba sobre a auga do río.