Bryce Echenique, Alfredo
Escritor. Licenciado en dereito pola Universidad Nacional Mayor de San Marcos de Lima (1964) e doutor en letras pola mesma universidade (1977). A mediados da década dos sesenta viaxou a Europa, onde reside dende entón, dedicado ao labor literario e á docencia universitaria, ademais de asistir como conferenciante a diversos congresos. Nas súas obras reivindica o carácter narrativo do relato, ao mesmo tempo que reflicte o mundo da alta burguesía procedente da vella oligarquía terratenente. Da súa produción destacan os contos Huerto cerrado (1968), Magdalena peruana (1986), La felicidad ja, ja (1974), Cuentos (1999) e Guía triste de París (1999), e as novelas Un mundo para Julius (1970), La vida exagerada de Martín Romaña (1981), El hombre que hablaba de Octavia de Cádiz (1985), Permiso para vivir (1993), No me esperen en Abril (1995), Reo de nocturnidad (1997) e La amigdalitis de Tarzán (1999), entre outras. Foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Ricardo Palma (1972), co Premio Passion á mellor novela do ano (1984), coa Medalla Cívica de la Ciudad de Lima (1990) e co Premio Internacional da Paz Dag Hammarskjold (1997); foi nomeado Cabaleiro das Artes e as Letras de Francia (1986) e Comendador de la Orden de Isabel La Católica (1993). En 1998 foi candidato ao Premio Príncipe de Asturias das Letras.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lima