"Bell" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 211.

  • PERSOEIRO

    Científica. Graduouse en bioquímica no Hunter College en 1937 e en farmacia na New York University en 1941. Traballou, xunto con George H. Hitchings, nos laboratorios Burroughs Wellcome, onde se dedicou ao estudo do metabolismo dos ácidos nucleicos. Os seus traballos deron como resultado o descubrimento e a síntese de diversas substancias farmacolóxicas: antitumorais, como a 6-mercaptopurina e a tioguanina; inmunosupresores, como a azatioprina; antibacterianos, como o trimetoprim; e antivíricos, como o aciclovir e o AZT, fármacos empregados no tratamento de persoas VIH positivas. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con G. H. Hitchings e J. W. Black, polo descubrimento de importantes principios activos que permitiron a elaboración de novos e importantes medicamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Radio Principal-Cadena SER en Monforte de Lemos e Vilalba, e de TV-7 Sur. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e especializouse en xestión e dirección comercial de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1974 comezou a súa actividade radiofónica en Radio Madrid (SER) e en 1979 en Radio Lugo. A mediados dos anos oitenta desenvolveu a súa faceta televisiva no programa Telegalicia de TVE. Posteriormente presentou na TVG Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade e Cousa-cousiña. Volveu a RNE-4 para dirixir e presentar Hoxe en día e en 1990, de novo na televisión, Mar a Mar en TVE Internacional. Recibiu o premio Tertulia de RNE ao mellor programa televisivo por Telegalicia (1987) e diferentes premios TP como mellor presentador (1988) e mellor programa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de maxisterio e dereito e posteriormente residiu en Venezuela ata 1972. De regreso a Galicia, foi mestre en Ortigueira e colaborou en distintas publicacións, como Dorna ou Encrucillada. Publicou os poemarios Poemas gallegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (1976) e Escolma de poemas. Espigueo lírico (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito e Graduado Social. Foi alcalde do concello do Carballiño. Membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Emigración, foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. As súas investigacións centráronse no estudo das colonizacións grega e fenicia, dos pobos prerromanos e da Hispania romana. Dirixiu a revista Archivo Español de Arqueología, e colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e en Ars Hispaniae: historia del arte hispánico. Das súas obras destacan Fenicios y carthagineses en Occidente (1942), La Dama de Elche (1943), La arquitectura entre los iberos (1945), Hispania graeca (1948), Esculturas romanas de España e Portugal (1949) e Arte romano (1955). Realizou tamén edicións de divulgación das fontes escritas, como La Península Ibérica en los comienzos de su historia (1953). Ingresou na Real Academia de la Historia en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 8.10.1909 - Santiago de Compostela 05.08.2003) Escritor, político e médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o premio extraordinario de licenciatura, e acadou o grao de doutor na Universidad de Madrid. Ademais, ampliou a súa formación en Suíza, Francia e Berlín co profesor Von Bergmann, creador da patoloxía funcional. Durante a súa permanencia na universidade compostelá foi presidente da FUE e estableceu amizade con Rafael Dieste, Manuel Antonio, Carlos Maside, Rof Carballo, Luís Seoane, Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, entre outros moitos. Posteriormente, relacionouse con Castelao e Vicente Risco. Co estalido da Guerra Civil española non puido desenvolver a docencia universitaria e exerceu a súa profesión como médico, na que destacou como un experto en temas de nutrición e a súa relación co metabolismo. A chegada de Ramón Otero Pedrayo á Universidade de Santiago de Compostela, xunto á aparición da Editorial Galaxia en 1950,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de El Progreso e Las riberas del Eo, publicou Cacería de ciclóstomos en Ifni (1991), Pódese pasar? (1991) e Historias intra da bisbarra (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos froitos ou aos animais cativos ou de baixa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa e dramaturga irlandesa. Con Yeats, Synge e Moore, fundou en 1899 o Irish Literary Theatre, e despois o Abbey Theatre (1904). Publicou estudios folclóricos, obras dramáticas e Our Irish Theatre (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, tres panelas de ouro, postas dúas e unha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista ilustrado. Licenciado en Dereito foi desde 1755 fiscal da Real Facenda, fiscal da Intendencia Xeral de Galicia, subdelegado de penas da cámara da súa maxestade, auditor de guerra do Exército de Galicia e, desde 1767, presidente da xunta de temporalidades encargada de administrar os bens da expulsada Compañía de Xesús. Foi, ademais, fundador do Real Colexio de Avogados da Coruña, conselleiro do Real Consello de Comercio de Galicia, encargado polo rei de recrutar familias para repoboar a costa dos Mosquitos e Patagonia e desde 1791 Alcalde do Crime da Real Audiencia do Reino de Galicia. Foi autor de obras de índole xurídica, como Memorial ajustado de la causa pendiente en la Sala del Crimen de la Real Audiencia del Reino de Galicia, sobre la muerte de D. Benito Alonso Enríquez, padre del Marqués de Valladares, en la noche del 18 al 19 de junio de 1757 (1764), Derecho práctico y estilos de la Real Audiencia de Galicia, ilustrado con las citas de los autores más clásicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica francesa. Consagrouse co filme La dentellière (1976), de C. Goretta, ao que lle seguiu Violette Nozière (1977), de C. Chabrol. Outras películas en que participou son Les soeurs Brönte (1978), La femme de mon pote (1983), Une affaire de femmes (1988), ou L’inondation (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de maio de 1841. Cesou a súa edición o 26 de xuño dese ano. Editado e impreso por Xosé Núñez Castaño, amosábase crítico cos escritores románticos da época; moitos artigos están asinados cos nomes de Enarda e Galatea, pseudónimos que empregaban os irmáns Antonio e Alberto Camino. Cambiou o seu nome polo de El Iris de Galicia e, posteriormente, por Revista de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobelle (Carballedo). O seu cumio acada os 704 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Costa del Sol (100.036 h [2001]). É un porto pesqueiro, aínda que a base da súa economía é o turismo, sobre todo de luxo, e os servicios especializados que se desenvolveron no seu contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Marbella ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Marbella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Destacou polo anecdotismo histórico e o retrato e foi o primeiro restaurador do Museo del Prado (1889). Foi premiado polos óleos Educació del príncep don Joan (1878) e Doña Inés de Castro (1887), e tamén destacan La tornada del torneig e Guzmán el Bueno. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1891). O seu fillo Enrique Martínez-Cubells y Ruiz (Madrid 1876-Málaga 1947), cultivou o naturalismo simbólico e temas mariños. Pintou Trabajo, descanso, familia (1904) e Vuelta de la pesca (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de aves mariñas, da familia dos gávidos, que presentan un peteiro forte en forma de daga, e ás estreitas e longas. Aliméntanse de peixes e adoitan ter coloración branca e negra.

    2. Ave de entre 84-99 cm de lonxitude, ambos os dous sexos iguais, pero con diferenzas entre a plumaxe estival (cabeza e pescozo negro, con dúas manchas brancas, e lombo negro con pencas brancas) e a plumaxe invernal (lombo totalmente escuro e parte inferior do corpo máis clara), e co peteiro branco. Aliméntase de peixes mariños. Cría no N de Escandinavia e é raro atopala en Galicia.

    3. Ave mariña de 61-81 cm de lonxitude, e peteiro máis robusto ca outras mobellas. A plumaxe estival é mais escura ca a invernal, moi similar á da mobella biquibranca, pero co peteiro escuro. Non existen diferenzas entre os sexos. Aliméntanse de varias especies de peixes. En Galicia podemos atopala en case todo o litoral durante o inverno.

    4. Ave mariña de entre 53-58 cm de lonxitude, de peteiro máis fino ca outras mobellas. Ambos os dous sexos son iguais, e a plumaxe é variable. Durante o estío, o dorso, a parte posterior da cabeza e o pescozo é escuro con manchas brancas, e a parte anterior da gorxa ten unha mancha arrubiada, que non posúe durante o inverno. Aniña no N de Europa, e é raro atopala en Galicia, onde é unha invernante ocasional entre decembro e marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Especializouse en dereito marítimo e foi fundador do comité coordinador dos portos do nordés do Mediterráneo (1970). En 1977 creou a Confederación Española de Organizaciones Empresariales e participou na reconstrución de Fomento del Trabajo Nacional, institución que presidiu desde 1978 ata 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO