Elion, Gertrude Belle

Elion, Gertrude Belle

Científica. Graduouse en bioquímica no Hunter College en 1937 e en farmacia na New York University en 1941. Traballou, xunto con George H. Hitchings, nos laboratorios Burroughs Wellcome, onde se dedicou ao estudo do metabolismo dos ácidos nucleicos. Os seus traballos deron como resultado o descubrimento e a síntese de diversas substancias farmacolóxicas: antitumorais, como a 6-mercaptopurina e a tioguanina; inmunosupresores, como a azatioprina; antibacterianos, como o trimetoprim; e antivíricos, como o aciclovir e o AZT, fármacos empregados no tratamento de persoas VIH positivas. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con G. H. Hitchings e J. W. Black, polo descubrimento de importantes principios activos que permitiron a elaboración de novos e importantes medicamentos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso