"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Cubrir unha parte do corpo con vendas de escaiola para inmobilizala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa coa escaiola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila da parroquia de Vilasante que é a capital do concello do Saviñao. O seu desenvolvemento viuse favorecido por estar situada na beira da estrada de Monforte de Lemos a Chantada. No 1900 asumiu a condición de capital municipal, que se confirmou en 1921 coa adquisición dunha nova casa consistorial. Este carácter capitalino e a potenciación das infraestruturas de comunicación na última década do s XX, coa apertura do Corredor Central de Galicia (vía rápida CRG-22, Monforte de Lemos-Lalín), contribuíu á súa consolidación como pequeno núcleo comercial e de servicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Coñecido como Luscinus, foi cónsul no 282 a C. Enfrontouse cos samnitas e cos brucios e derrotou os lucanos que sitiaban Turín. Derrotado na Batalla de Heraclea, negociou con Pirro a devolución dos prisioneiros romanos (280 a C) e rexeitou as presións e os subornos que lle ofreceu este monarca. Elixido de novo cónsul no 278 a C, ao ano seguinte exerceu o cargo de censor con gran dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía política e facenda pública na Universidad de Madrid (1982-1990), e de facenda pública, dereito financeiro e historia do pensamento económico no Centro de Estudios Universitarios Ramón Areces (1987-1989). En 1990 acadou a cátedra de Facenda Pública da Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicerrector de Asuntos Económicos e de Economía e Planificación (1995-2002) da Universidade da Coruña. Publicou numerosos artigos e informes de carácter socioecómico e, entre as súas monografías, cómpre salientar La Economía del déficit público (1983), Estado, Privatización y bienestar (1991) e Sempre en Galiza: perspectivas (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Acaia (1301-1307) e señor do Piemonte (1282-1334), fillo e herdeiro de Tomás III. Coñecido como Filipe de Savoia, loitou contra o seu tío, o conde Amadeo V de Savoia, polo señorío do Piemonte. En 1301 casou con Isabel de Villehardouin, princesa de Acaia e viúva de Filipe Angio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe anxevino de Tarento (Filipe II; 1364-1373), de Acaia (1370-1373) e emperador titular de Constantinopla (1364-1373), fillo segundo de Filipe de Nápoles. Sucedeu o seu irmán Roberto. Morreu sen fillos, polo que o seu herdeiro foi o seu primo Xaime del Baus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Tribuno da plebe (232 a C), aprobou unha lei sobre o reparto das terras conquistadas aos senóns entre o pobo. Pretor en Sicilia no 227 a C, accedeu ao consulado no 223 a C. Como censor (220 a C), fixo construír o circo Flaminio e a vía Flaminia. No 217 a C foi elixido de novo cónsul e foi derrotado por Aníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade sen ánimo de lucro creada en 1990 coa finalidade de promocionar un mecenado social e cultural. Estrutúrase en catro grandes programas: o educativo, cun programa de investigación e bolsas; o cultural, co patrocinio de diferentes actividades; o social, con actividades de mellora da calidade de vida dos cidadáns; e o desenvolvemento rural e do medio ambiente. Dispón de diversos equipamentos, como o Museu de la Ciència en Barcelona, de centros culturais e dunha gran rede de salas de exposicións e outra de bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en 1989 por Caixa Galicia coa finalidade de promover as actividades culturais en calquera das súas posibles manifestacións. Ten a súa sede principal na Coruña. Centrouse no eido da investigación, das belas artes e da promoción cultural e na concesión de bolsas. Convoca diversas actividades de índole cultural. O interese polas artes plásticas deu lugar á creación da Colección Caixa Galicia (1996), con sede na Coruña, constituída por fondos xa existentes e enmarcada nunca política de novas adquisicións que ten en conta as achegas da arte máis nova en Galicia. Pintura, escultura, instalacións e fotografía constitúen os fondos da colección. Posúe varias salas de exposicións e participa así mesmo, en mostras de arte contemporánea. Conta cun servizo pedagóxico para estudiantes e realiza talleres para os mais novos. Dende o curso 1997-1998 concede diversas bolsas de estudios no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (283-296). Prohibiu que se ordenase bispo a quen non exercera outros ministerios inferiores. A súa festa celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (305-311). Asociado ao trono por Diocleciano (293), dentro do esquema tetrárquico, loitou contra os godos (295) e contra os persas (297-298). Invadiu Armenia e estendeu o Imperio Romano ata o Éufrates. Trala abdicación de Diocleciano (305) converteuse en emperador con poder sobre Italia e Oriente. Mantivo unha política de tolerancia cara aos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Lugo (1735-1745) e arcebispo de Santiago (1745-1751). Foi colexial maior de Santa Cruz de Valladolid e reitor do colexio de Fonseca (1713). En 1725 tomou posesión dunha coenxía en Sevilla, que conmutou por unha en Santiago, onde tamén exerceu como administrador do Hospital Real. Tras ser nomeado bispo de Lugo (1735), fomentou a educación dos nenos do coro catedralicio, mandou construír o retablo da capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes e ampliou o palacio espiscopal. Foi delegado rexio de Filipe IV para efectuar a ofrenda ao Apóstolo (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e economista. Director xeral do grupo Radio Vigo (Cadena SER), realizou estudios de publicidade e graduouse en dirección de empresas polo ICADE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Loitou en Numancia (133 a C) e foi un dos triunviros elixidos para aplicar a lei agraria do seu irmán. Cuestor en Sardeña (126 a C-124 a C), foi elixido tribuno da plebe (123 a C) e formulou diversas reformas que apoiaban a soberanía popular, aprobou unha lei que prohibía a represión violenta dos cidadáns sen xuízo previo e promulgou unha lei frumentaria. Reelixido en 122 a C, presentou as leis das colonias e unha norma pola que pretendía outorgarlles o dereito romano aos itálicos, pero sufriu os ataques da oligarquía. Fracasou na súa reelección en 121 a C e retirouse da política. Suicidouse despois dos enfrontamentos entre a plebe e as tropas do cónsul Lucio Opimio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que estivo situado en Guillade (Ponteareas). Está documentado desde 963 e posteriormente foi priorado do mosteiro cisterciense de Melón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro príncipe de Acaia (1205-1208) e señor de Champlitte (1208-1209), fillo de Odón de Champagne. Coñecido como Guillerme de Champlitte ou Guillerme de Champagne, participou na expedición a Constantinopla (1203) e xunto con Godofredo de Villehardouin conquistou Acaia, onde fundou o principado que cedeu, en 1208, ao seu sobriño Hugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1989 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coa finalidade de potenciar manifestacións escénicas como o teatro, a danza e a música. Na súa estrutura organizativa conta cun Consello Rector no que están representadas as forzas políticas do Parlamento de Galicia e outras persoas de libre designación, amais dun xerente e un presidente. As súas actividades están moi diversificadas. Conta con estruturas permanentes, como o Centro Dramático Galego, o Ballet Galego Rei de Viana, o Centro de Documentación Teatral e a Escola de Altos Estudios Musicais. Organiza o Premio Álvaro Cunqueiro de textos dramáticos, patrocina a edición de varias coleccións de teatro, subvenciona a produción e distribución de espectáculos de teatro, música e danza e promove e coordina a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

    VER O DETALLE DO TERMO