Fernández Caínzos, Juan Jesús

Fernández Caínzos, Juan Jesús

Economista. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía política e facenda pública na Universidad de Madrid (1982-1990), e de facenda pública, dereito financeiro e historia do pensamento económico no Centro de Estudios Universitarios Ramón Areces (1987-1989). En 1990 acadou a cátedra de Facenda Pública da Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicerrector de Asuntos Económicos e de Economía e Planificación (1995-2002) da Universidade da Coruña. Publicou numerosos artigos e informes de carácter socioecómico e, entre as súas monografías, cómpre salientar La Economía del déficit público (1983), Estado, Privatización y bienestar (1991) e Sempre en Galiza: perspectivas (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña