"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • RIOS

    Río do NL de Brasil, que está situado ao L de Maranhão. Nace na serra de Itapecuru e desemboca na baía de São José.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a variación de entalpía coa temperatura a presión constante. Permite calcular a variación de entalpía H dunha reacción á temperatura T2, coñecendo a variación da entalpía da reacción a unha certa temperatura T e as capacidades caloríficas dos produtos e dos reactivos a T1 e T2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuacións diferenciais que describen o movemento dun sistema mecánico. Dado un sistema de coordinadas xeralizadas, é dicir, un sistema calquera de coordenadas (q1, q2,....qn) que permite especificar as posicións das partículas do sistema mecánico, as n ecuacións de Lagrange, unha para cada unha das coordenadas xeralizadas, son:

    FORMULA

    onde L é o lagraxiano, e q .i a velocidade xeralizada, é dicir, a derivada respecto o tempo da coordenada qi. As ecuacións de Lagrange, establecidas xa por Euler e denominadas tamén de Euler-Lagrange, son equivalentes ás ecuacións de Newton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa excesivamente servil e aduladora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación diferencial en derivadas parciais que se expresa pola fórmula Äf=0, onde Ä é o laplaciano. As funcións que son solución da ecuación de Laplace denomínanse funcións harmónicas, e teñen unha especial aplicación na teoría do potencial. No caso de que f sexa unha función da variable complexa z=x+iy, a ecuación de Laplace expresa a condición necesaria e suficiente para que f sexa derivable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Caldas de Reis a partir de setembro de 1985 cunha periodicidade trimestral. Editada polo Ateneo Caldense, a partir do segundo número figurou como director e coordinador José María Ortigueira Bobillo. Incluíu información municipal, historia local, etnografía, música, teatro, deporte e banda deseñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula de grandes dimensións formada por encadeamentos atómicos covalentes monodimensionais, bidimensionais ou tridimensionais. O peso molecular pode variar de 10.000 a algúns millóns. Coñécese un gran número de substancias macromoléculas naturais, como a celulosa, as proteínas, os virus, os diamantes e os silicatos. Poucas macromoléculas naturais foron sintetizadas, por contra, si se conseguiron numerosos materiais plásticos, fibras téxtiles sintéticas e elastómeros, que se obteñen por polimerización ou policondensación de monómeros. As propiedades físico-químicas das macromoléculas dependen da súa dimensión, da súa estrutura e das funcións químicas presentes na molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á macromolécula.

    2. Aplícase á substancia química que está formada por moléculas de gran tamaño e elevada masa molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuacións fundamentais do electromagnetismo formuladas por J. C. Maxwell entre 1862 e 1873. Maxwell reuniu baixo un mesmo formalismo os coñecementos que xa se tiñan dos fenómenos electromagnéticos grazas aos estudios anteriores de Ampère e Faraday. Unha consecuencia destas ecuacións é a posibilidade da propagación de ondas electromagnéticas que experimentou máis tarde H. Hertz (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •                                       k1

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Misal Auriense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Misal Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agregado de átomos, enlazados entre eles quimicamente, que é electricamente neutro. Poden estar formadas por un número ben definido e en xeral pequeno de átomos (moléculas discretas, que normalmente existen tanto en estado gasoso coma en estado condensado), ou por agregados de átomos ou ións que existen indefinidamente no espazo, sexa nunha dirección (cadeas infinitas), en dúas (capas infinitas) ou en tres (estruturas tridimensionais infinitas). Nestes últimos casos, as moléculas denomínanse moléculas xigantes. Os sólidos denominados moleculares (constituídos por cristais en que as moléculas ocupan os nós do retículo) e os líquidos moleculares, normais ou asociados, son agregados de moléculas discretas, e neles as forzas que manteñen a cohesión entre as moléculas (forzas de van der Waals ou enlaces de hidróxeno) son moito máis febles ca as forzas de valencia que enlazan os átomos ao interior da molécula. En consecuencia, as distancias intermoleculares son netamente máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa, expresada en gramos, dun mol de moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á molécula.

    2. Que ten moléculas.

    3. Composto de adición formado por dúas ou máis moléculas, de diferente natureza, en que estas conservan a súa individualidade, de tal maneira que a formación do composto é reversible, como os sales dobres e os hidratos e outros solvatos, os clatratos, os complexos de transferencia de carga e moitos outros complexos aceptor-doador.

    4. Masa dunha molécula individual.

    5. Suma dos pesos atómicos dos átomos que constitúen unha determinada molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número de moléculas que interveñen nunha reacción elemental. A reacción elemental denomínase unimolecular, bimolecular ou trimolecular, segundo interveñan unha, dúas, ou tres moléculas. A orde dunha reacción elemental homoxénea é igual á súa molecularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar entre o Rei Silo (774-783) e un grupo de nobres galegos, en Montecubeiro, no actual concello de Castroverde. A vitoria de Silo tivo como consecuencia o sometemento ao seu dominio da parte oriental da actual provincia de Lugo, aínda que sen que se establecesen vínculos sólidos coa monarquía astur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e escritor militar italiano, príncipe de Montecucoli. Conseguiu os cargos máis importantes nas guerras do Sacro Imperio Romano-Xermánico: a Primeira Guerra Nórdica (1658-1660) e, sobre todo, a guerra contra os turcos (1661-1664). Escribiu diversos tratados, dos que destaca Della guerra col Turco in Ungheria (1670).

    VER O DETALLE DO TERMO