"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de seguridade.
-
-
Que carece de seguridade.
-
Que carece de estabilidade ou consistencia.
-
Que resulta perigoso.
-
Que non ten confianza en si mesmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Encárgase da xestión e administración das prestacións económicas da seguridade social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensaio pedagóxico para a reforma do segundo ensino, creado en Madrid polo Real Decreto de 10 de maio de 1918, con Santiago Alba no Ministerio de Instrución Pública. Dirixido pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, o seu plan de estudios caracterizábase pola continuidade no estudo das materias, con programas cíclicos e estudios comúns e obrigatorios ata os 15 anos, coa posibilidade de poder especializarse posteriormente nos dous cursos seguintes. O alumno distribuíase en dúas seccións, a primeira de carácter preparatorio para os comprendidos entre os 8 e os 10 anos. Ampliábase o abano de materias incluíndo o grego, as linguas modernas, o ensino artístico, o ensino manual e a música. O profesorado estaba composto por catedráticos numerarios de instituto, mestres de grao superior e aspirantes ao maxisterio secundario. Os seus principios poden buscarse na filosofía de Giner de los Ríos, na defensa da unidade do primeiro e segundo ensino, no ensino cíclico, na relación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tegumento do primordio seminal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de traballadores fundada en París en 1889, coa participación dos principais partidos socialistas e sindicatos profesionais. Estableceu a necesidade de formar partidos políticos proletarios que aceptasen o parlamentarismo e o utilizasen para mellorar as condicións sociolaborais do proletariado. O Congreso de Stuttgart (1907) proclamou unha postura antibelicista pero, ao estoupar a Primeira Guerra Mundial, a política maioritariamente partidaria da defensa do propio estado provocou a súa disolución.
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Creou un tipo de escultura elaborada con formas barrocas, entre outras, Roger et le peuple des morts (1959); como pintor colaborou na decoración da igrexa de Saint-Jacques en Montrouge, en París (1947-1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que non se axusta a unha regra establecida.
-
Que non se axusta á norma moral ou legal.
-
Aplícase aos órganos vexetais asimétricos ou zigomorfos.
-
Aplícase á figura que non é regular.
-
Aplícase á persoa que incorre en irregularidades.
-
Tropa ou exército que non responde á organización militar oficial e que, pola mesma razón, non está afectada polos acordos de Xenebra respecto dos prisioneiros de guerra.
-
Aplícase a aquilo que, formando parte integrante dun sistema, non se axusta aos patróns que se teñen por regulares ou normais.
-
-
-
Que ten variacións e non é uniforme.
-
...
-
-
-
-
Calidade de irregular.
-
Cousa irregular.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e pintor. Ingresou na orde de Calatrava e residiu na corte. Foi inimigo de Quevedo e Góngora, e amigo de Cervantes, de quen puido facer un retrato, malia que non se conserva ningunha pintura súa. Atacou o culteranismo no seu Discurso poético, traduciu poemas de Lucano en Farsalia, e de Tasso en Aminta, e escribiu Orfeo (1624) e o tratado Diálogo enre la Naturaleza y las dos Artes, Pintura y Escultura (1618).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. O seu primeiro libro de contos foi Fridom Spik (1995), ao que seguiron as novelas Todo a cen (1996), Comendo espaguetis diante da televisión (1998), Salitre (2000), Breve crónica universal da clase obreira (Premio Manuel Lueiro Rey 2001) e Balea morta ou lancha a pique! (2002). Ademais, é autor da peza teatral Estación Mir (2003) e cantante do grupo de narrativa trip-hop Elviscristo Furious Machine. Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con proxectos como “Familia Feliz”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Formado en Tarragona e en València, onde estudiou medicina, foi a Madrid a estudar botánica. Colaborou nos Anales de Ciencias Naturales. Durante a Guerra da Independencia exerceu como médico militar e publicou, en Orihuela, os primeiros fascículos das Amenidades naturales de las Españas. Rematada a guerra, foi nomeado director do Real Jardín Botánico de Madrid. Durante o Trienio Constitucional foi deputado e tivo que exiliarse en Londres, onde foi profesor do Ateneo Español e se fixo membro da Linnean Society. Entre 1826 e 1828 publicou no Gardener’s Magazine diferentes descricións dos xardíns botánicos españois do seu tempo. Amnistiado en 1834, reintegrouse ao seu cargo de director do Real Jardín Botánico e en 1837 foi nomeado director do Museo Nacional de Ciencias Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síntoma propio da ciática que consiste nunha dor intensa ao estirar a perna sobre a cadeira de xeito que forme ángulo recto co xeonllo. Foi descrito polo médico francés Ernest Charles Lasègue (1816 - 1883).
-
-
Monte situado no límite entre as parroquias de Santalla (Samos) e Trascastro (O Incio). O seu cumio acada os 1.304 m de altitude.
-
Medida itineraria de valor moi variable segundo os países ou as localidades. En España equivale a 5.572 m e 7 dm.
-
Medida de lonxitude empregada en mariña, equivalente ao 1/20 do grao de meridiano, ou sexa 5.555 m e 55 cm. É igual a tres millas mariñas.
-
-
-
Medida itineraria de valor moi variable segundo os países ou as localidades. En España equivale a 5.572 m e 7 dm.
-
Medida de lonxitude empregada en mariña, equivalente ao 1/20 do grao de meridiano, ou sexa 5.555 m e 55 cm. É igual a tres millas mariñas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monte situado no límite entre as parroquias de Santalla (Samos) e Trascastro (O Incio). O seu cumio acada os 1.304 m de altitude.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Pacios da Serra (Quiroga) e Folgoso do Courel do concello homónimo. O seu cumio acada os 1.292 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cerexeiro (Cervantes). O seu cumio acada os 2.087 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘familia’.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Noceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.202 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO