"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • REXIÓNS

    Rexión dos EE UU comprendida entre o Mississippi e as Montañas Rochosas. O seu afasmento do litoral, onde se asentaran os primeiros colonos europeos, converteuno nun territorio no que se desenvolveu unha cultura peculiar durante os ss XVIII e XIX, baseada nun réxime extensivo e directo de explotación agropecuaria e na violencia nas relacións cos aborixes, cun modo de vida totalmente enfrontado e unha identidade nacional moi forte na maioría dos seus pobos. Coa construción do ferrocarril transcontinental a mediados do s XIX matizouse o seu carácter de rexión periférica respecto aos grandes núcleos urbanos de Norteamérica, localizados nas costas oriental e occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade estado de Mesopotamia, coñecida como Šuruppak, e situada a 60 km ao L do Éufrates. Segundo os restos localizados nas escavacións realizadas entre 1902 e 1903 e en 1931, o seu poboamento estendeuse dende o IV milenio a C ata finais do III milenio a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antroponimo feminino de orixe escura. Tal vez proceda do xermánico, como hipocorístico dos nomes compostos con *fara-, que indicaba un corpo de expedición formado por un grupo étnico ou familiar; do hebreo, latinizado en Phara ‘frutífera’, ou dunha probable orixe árabe. Santa Fara (ou Burgundofara) foi abadesa no s VII na abadía beneditina de Faremoutiers (Meaux). O seu culto principiou no s XVI, posiblemente traído de Francia por monxes bieitos. A súa festividade celébrase o 3 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián e anatomista. Foi profesor de anatomía na facultade de Medicina da Universidade de París (1886) e membro da Académie Française de Medicine. Ideou a sinfisiotomía, unha operación que facilitaba o parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo islámico. Coñecido en Occidente como Alfarabius e Abennasar, estudiou o aristotelismo cristián e tentou demostrar que a filosofía grega era suficiente para proporcionar explicacións válidas para o Islam. Afirmou que a omnisciencia divina non implicaba o determinismo, posto que a implicación dun feito polo correspondente coñecemento non é transferida ao feito mesmo. Comentarista de Aristóteles, identificou a doutrina deste coa de Platón. Foi autor de numerosas monografías sobre lóxica, física, metafísica, ética e política. Entre as súas obras destacan As opinións dos habitantes do Estado perfecto, Sobre o goberno político e Ih’ al-ulūm (Inventario das ciencias). Escribiu, ademais, un libro sobre música, que constituíu a exposición máis importante da teoría musical da Idade Media. Influíu especialmente sobre Avicena, Ibn Bağğa, Averroes e Maimónides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de capacidade eléctrica derivada do Sistema Internacional (SI). É a capacidade dun condensador eléctrico que posúe unha carga de 1C cando se lle comunica unha diferenza de potencial de 1V: 1F=1C/V. Na práctica, empréganse só os submúltiplos: o microfarad ou millonésima de farad (µF), o nanofarad (nF) e o picofarad (pF).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de electricidade necesaria para liberar ou depositar electroliticamente un equivalente-gramo de electrólito. Equivale a 96.489 coulombs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cilindro metálico baleiro, conectado a un electroscopio provisto dunha escala graduada, que permite determinar a carga eléctrica dos corpos que se introducen nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dunha dobre refracción nun corpo ou nun líquido normalmente isótropo para a luz cando, mediante a acción dun campo magnético apropiado, se produce unha anisotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa pechada de tea metálica, en forma de gaiola, que ten a propiedade de illar o seu interior da influencia dos campos electromagnéticos exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei fundamental do electromagnetismo, descuberta en 1831 e completada en 1945 por Neumann, que establece que, nun circuíto pechado sometido á acción dun campo magnético variable, se induce unha forza electromotriz proporcional á derivada respecto ao tempo do fluxo magnético que abarca o circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis que rexen a condución da electricidade a través de disolucións electrolíticas. A primeira lei di que as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais ás cantidades de electricidade que atravesan a disolución. A segunda lei di que se unha corrente atravesa diversas celas electrolíticas, conectadas en serie, as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais aos equivalentes químicos de cada un destes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico inglés. Fillo dun ferreiro, aprendeu o oficio de encadernador, ao mesmo tempo que se dedicou ás lecturas científicas e filosóficas. Asistiu ás conferencias de Humphry Davy (1812); este nomeouno (1813) o seu axudante no Royal Institute, do que chegou a ser superintendente (1821) e director (1825). Foi membro da Royal Society (1824) e da Académie Française des Sciences, e profesor de química (1833). En 1821 comezou o estudo da electricidade e do magnetismo; descubriu a produción dunha forza electromotriz nun condutor sometido a un campo magnético (lei de Faraday), introduciu o concepto de liña de forza, enunciou as leis cuantitativas da electrólise (leis de Faraday) e descubriu a rotación do plano de polarización da luz mediante campos magnéticos (1845). Licuou diferentes gases e descubriu dous cloruros de carbono e o benceno. Sen os traballos de Faraday sería imposible toda a técnica actual de produción e distribución de correntes eléctricas, gran parte da electroquímica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro e historiador. Cadí de València, escribiu unha Historia dos sabios de Al-Andalus, que permitiu un mellor coñecemento dos primeiros séculos da dominación árabe na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao farad.

    2. Relativo ou pertencente ás teorías de M. Faraday.

    3. Aplícase ás correntes eléctricas alternas inducidas, que se producen por interrupción repetida da corrente continua nunha bobina de indución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de faradizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicar unha corrente inducida, aos músculos ou aos nervios, con finalidade terapeútica ou para realizar unha diagnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder mourisco. Tintureiro, iniciou a revolta mourisca nas Alpujarras (1568-1570) e intentou sen éxito a toma da cidade de Granada en 1568.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco pequeno que se desprende do pan ou doutros alimentos similares elaborados con fariña, como biscoitos, tortas, galletas, etc.

    2. Calquera anaco moi pequeno que se desprende dun obxecto cando escacha.

    VER O DETALLE DO TERMO