"Francisco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 574.
-
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1781-1797). Licenciouse en Dereito Canónico e foi provisor en Ciudad Rodrigo e cóengo doutoral e deán en Ávila, onde fundou unha academia de leis canónicas. Durante o seu bispado realizou diversas obras na catedral mindoniense, como a prolongación do cruceiro e o peche da capela maior mediante unha reixa de bronce. Construíu tamén parte do palacio episcopal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse en Madrid, Italia e Grecia. Entre as obras realizadas en Madrid destacan o colexio dos xesuítas de Chamartín, os conventos das Salesas e das Siervas de María e o proxecto da catedral de la Almudena, da que só rematou a cripta. En Bilbao construíu a Universidad de Deusto e o colexio e a capela do Sagrado Corazón, e en Salamanca o panteón do duque de Alba. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, onde participou na construción do tabernáculo do Apóstolo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, escritor e xornalista. Emigrou a Arxentina moi novo, e colaborou asiduamente co xornal La Capital de Rosario. É autor de varios libros de poesías publicados entre 1886 e 1888 co título de Impresiones, La Babel argentina e Ecos de mi laúd. Tamén tirou do prelo varias pezas teatrais como Esdrújula (1894) e Mieles y amarguras (1894), e unha recompilación de diversos artigos humorísticos titulada Rasgos de pluma (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Topógrafo. Estudiou no convento dos Salesianos en Santander e foi correspondente de La Región na Rúa. Promoveu e fundou a asociación cutural e deportiva da Rúa Os cigurros. Publicou O neno mentirán e o lobo (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e lexicógrafo. Discípulo de Nebrija, foi corrector de obras en castelán en Venecia e Roma, de onde fuxiu despois do saqueo da cidade. Publicou, entre outras obras: Specchio vulgare per li Sacerdoti (1525) e Retrato de la loçana andaluza (1528).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta, arquitecto e piloto portugués. Ingresou na Compañía de Xesús en 1562. Mestre de obras da igrexa de São Roque de Lisboa, en 1577 trasladouse a Brasil onde foi mestre responsable das obras dos colexios xesuítas. Introduciu o estilo xesuítico de planta de salón, entre outras, na igrexa de Olinda, convertida en catedral de Salvador de Baía, e nos colexios de Baía e Rio de Janeiro. Exerceu tamén como piloto particular do provincial da orde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Monforte de Lemos? 1638 - Araceli, Roma 3.10.1728) Filósofo, teólogo e escritor. Membro da orde franciscana, foi lector de teoloxía nos conventos de Santiago de Compostela e Oviedo, e de vésperas en Salamanca (1683), padre da Provincia, definidor xeral e predicador da orde e do Rei Carlos II, cualificador da Suprema, comisario xeral de misións en Roma, consultor da Congregación del Índice y Ritos, procurador da orde na curia romana, teólogo e conselleiro do Emperador Leopoldo de Alemaña e teólogo do cardeal de Medici. Publicou, entre outras obras, Panegyris de S. Bonaventura (1678), Hymni tres in laudem eiusdem Seraphici ac S. Doctoris (1678) e Frutus Arboris Seraphici (1723).
-
GALICIA
Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Dirixiu en La Habana a revista de sociedade Vivero en Cuba (1911-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na escola de Sant Carles de València e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1864). Con unha pensión outorgada pola deputación valenciana (1868), trasladouse a Roma onde pintou La destrució de Sagunto (A destrución de Sagunto). Mestre na escola de Sant Carles, en 1875 trasladouse a París onde residiu ata 1914. Realizou cadros anecdóticos de ambiente histórico, e retratos. Entre outros galardóns, recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1871 polo cadro Santa Clara (1870) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1917). O seu fillo Roberto Domingo Fallola (París 1833 - Madrid 1956), tamén pintor, especializouse en escenas de touros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Formado na Escola de Bells Oficis de la Mancomunitat, pertenceu á Agrupació Courbet (1918-1919). Admirador de Cézanne, mantivo unha preocupación constante pola estrutura. Durante a súa estancia en París (1922-1927), achegouse ao cubismo e enriqueceu o colorido. Residiu en Bretaña (1927-1929), e entre 1929 e 1931 a súa pintura pasou por unha etapa espectral. Regresou a Barcelona (1931-1939) onde cultivou un realismo social que idealizaba o ocio dos obreiros. Despois da Guerra Civil, estivo un tempo na Arxentina e en 1951 estableceuse en São Paulo. Entre as súas obras destaca Homes a la taverna (Homes na taberna, 1920), coñecido tamén como Els Jugadors (Os xogadores). Foi colaborador gráfico de Almanac de La Revista, L’Amic de les Arts e Quaderns de Poesia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi xefe do goberno de El Salvador (1851) e presidente (1852). Durante o seu mandato firmou a paz con Carrera, presidente de Guatemala, feito co que se asegurou a supremacía conservadora en ambos os países. En 1871 foi derrocado polo xeneral Santiago González.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Loitou na Guerra da Independencia e durante o reinado de Fernando VII foi ministro da Guerra (1814-1815 e 1817-1819). Despois da revolta de Riego (1820), exiliouse e dedicouse a organizar a resistencia ao réxime liberal. En 1823 entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís e presidiu a Junta Provisional de Oiartzun.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director e produtor de cine. Realizou a súa formación nos estudios Gaumont, en París. Traballou nos EE UU, onde foi axudante de D. W. Griffith, e en México, onde realizou Epopeya, película que protagonizou Pancho Villa. En Catalunya realizou Fabricante de suicidios (1928) e en Madrid El misterio de la Puerta del Sol (1928), que foi a primeira película sonora española. Pouco antes da Guerra Civil española (1936-1939) rodou María de la O. Durante a guerra, a Generalitat encargoulle Bohemios, que trataba sobre a zarzuela de Vives. A finais de 1937, convertido en falanxista, o Sindicat Únic de l´Espectacle encargoulle a reorganización da actividade cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Juan Adán, formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Foi primeiro escultor de cámara dende 1836 e director xeral da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1843, 1850-1853). As súas obras mostran o carácter clasicista. Traballou na restauración escultórica do palacio de Aranjuez. Da súa produción destaca o grupo El reto de don Rodrigo Téllez Girón al moro Albayaldos delante de sus padrinos e os retratos de Jovellanos e Argüelles. Realizou a figura da Constancia do Obelisco do 2 de Maio de Madrid (1840) e, no terreo da obra efémera, participou nos cenotafios das raíñas Isabel de Braganza (1919) e María Xosefa Amalia de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Como comandante xeneral de Montevideo (1807) fixo fronte á invasión dos ingleses e aos primeiros conatos revolucionarios en Río de la Plata. Regresou a España, foi nomeado capitán xeneral de València e Murcia, e converteuse nun dos homes de confianza do Rei Fernando VII. Destituído durante o Trienio Liberal, condenárono a morte e executárono.
VER O DETALLE DO TERMO