"Gonzalez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • GALICIA

    Guerrilleiro e xornalista. Emigrou a Cuba e permaneceu na illa ata 1898, ano en que regresou a Galicia. En 1899 marchou a Montevideo e Bos Aires. Durante anos percorreu as selvas e os desertos de Paraguay e Bolivia. En La Habana fundou os periódicos El Duende, La Nación, El Noticiero Ilustrado e El Brujo, e en Bos Aires, Correo de Galicia. Foi redactor de La Patria, El Combate, El Asimilista, La Lucha, El Orden e La Voz de Cuba, e colaborou con La Voz de Galicia. Publicou El Álbum de un guerrillero. Páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898 (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director. Formado teatralmente en Bos Aires e en Galicia, estivo vinculado aos grupos Histrión 70 e Caritel. Escribiu e dirixiu varios espectáculos con Uvegá Teatro, compañía que fundou en 1988, dos que destacan Trínguilin Trángala (1988), Ourense empalme (1997), A señorita Xulia (2000) e O retrato de Dorian Grai (2001). Co Centro Dramático Galego participou como actor en espectáculos como A pousadeira, O mozo que chegou de lonxe, Nau de Amores, Hostia ou Xelmírez ou a groria de Compostela. Foi un dos promotores da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Realizou os estudios de maxisterio e posteriormente licenciouse en Filoloxía Hispánica. En 1989 ingresou no Corpo de Inspectores de Educación e desenvolveu a súa actividade na provincia de Lugo (1989-1995). Desde 1996 desempeñou varios cargos na Administración autonómica como subdirector xeral de centros e delegado provincial en Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e, desde 2000, director xeral de Política Lingüística. Colaborou en diferentes traballos relacionados coa didáctica e a pedagoxía, así como coa sociolingüística e a planificación lingüística. É membro do Consello Escolar de Galicia e do comité asesor das revistas Dorna e Revista Galega do Ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Coñecido como Jei Noguerol, destacou dentro do estilo de “canción protesta” durante as décadas de 1960 e 1970. Da súa ampla obra discográfica destacan Denantes dos vinte anos (1976), Cantigas de Fradería (1978), Polo Atlántico Norte (1986), Marea baixa de azuis (1989) e Lúa nova (1997). Tamén compuxo e interpretou a música da película Malapata (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Empregou o pseudónimo de Matilde Lloria e colaborou nas revistas Vieiros e Posío. Da súa produción destaca Camino del cántico (1949), Caixiña de música (1971), Un fulgor que se apaga (Premio Ausias March 1981), Memoria anterior 1945-1965 (1992), Dou fe (1994), Irrepetible alondra (1996), Diario de una adolescente (1997) e Unha casa no tempo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arabista. É autor, entre outras obras, de Historia de la España musulmana (1925), Historia de la literatura hispanoarábiga (1928) e cinco volumes de Estudios histórico-literarios (1942-1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou arquitectura e cinematografía. Individualmente, expuxo a súa obra no Museum of Contemporary Hispanic Art de Nova York (1989), na Galería de Arte Contemporáneo de México (1991) e no Art Institute of Chicago (1991). Participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, na V Biennale de Artes Paiz de Guatemala (1987), nos Recontres Internationales de la Photographie de Arles (1991) e na V e VII Fotobienal de Vigo (1992 e 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. A finais da década de 1950 fundou varios grupos teatrais universitarios, para despois incorporarse ás compañías Los Goliardos e Grada. Participou en máis dunha trintena de obras teatrais, que alternou co seu traballo como actor na gran pantalla e en televisión. Da súa filmografía destaca a súa participación en La Función (1964), de C. Santos Fontenla; El Jarama (1965), de J. Marcos; e Hoy como ayer (1966), de M. Ozores. Tamén realizou guións, traballos de escenografía e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociólogo. Licenciado en Ciencias Políticas, Ciencias da Información e Ciencias Sociais, doutorouse en Dereito, Psicoloxía e Historia. Profesor universitario, participou na fundación de Reforma Democrática e de AP, partido do que foi coordinador rexional en Galicia e candidato a deputado por Madrid. Publicou, entre outras, as obras La empresa y la política social (1967) e Conflito y estrategia política (1975) e foi colaborador na prensa e en publicacións especializadas. Membro correspondente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, posúe o Premio Eduardo Dato e foi distinguido coa Encomienda de Alfonso X el Sabio e a Cruz Distinguida de Raimundo de Peñafort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Participou na revista Atlántida con U. Lugrís, X. M. Labra, F. Mon e A. Abelenda, entre outros. Comezou a expoñer en 1954 na Coruña. As súas primeiras obras amosaron o coñecemento das linguaxes vangardistas pero, desde 1960, realizou unha obra máis persoal baseada na simplicidade temática, nas composicións equilibradas, a pintura grosa e empastada e unha sobria gama cromática. Foi un dos renovadores da visión da paisaxe galega ao representar a Galicia invernal. Realizou tamén bodegóns, caracterizados pola representación dun motivo sinxelo cunha simplicidade compositiva baseada na composición horizontal; retratos, nos que a figura se recorta sobre o fondo neutro; e debuxos, nos que experimentou con diversas técnicas, agás o carbón. Das súas obras destacan as series dedicadas aos montes (1960-1973?), entre outros, Montes do Eume, Serra da Faladoira, Seixo Branco e Montes da Pastoriza, e ás árbores (1973?-1977), entre outras, A Caldeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo. Centrou as súas investigacións na historia, a etnografía e no humor gráfico galego. Asesor da EGU, é secretario da sección de Etnografía e Folklore do Instituto P. Sarmiento de Estudios Galegos, vogal da xunta rectora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, na sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da xunta rectora da Fundación Castelao. Colaborou en xornais e revistas e das súas obras destacan San Pedro de Angoares. Módulo para la memoria de una parroquia (l975), A festa dos maios en Galicia. Unha aproximación histórico-antropolóxica ao Ciclo de Maio (1987), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), Brión. Historia, economía, cultura e arte (1998), A festa dos maios en Redondela (1999) e Eladio Rodríguez González (2000). Recibiu o premio do Concello de Ponteareas (1983), o Nacional de Periodismo (1983, 1984, 1985 e 1986), o de Investigación da Deputación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Fran, debutou co primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 1987. Na tempada 1990-1991 conseguiu o ascenso a Primeira División. Proclamouse campión da Copa do Rei (1995, 2002) e campión de Liga (tempada 1999-2000). Coa selección española disputou 16 partidos (1993-2000) e participou na Copa de Europa de Nacións (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Juan Gris, estudiou na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Colaborou nas revistas Blanco y Negro e Madrid cómico. En 1906 trasladouse a París, onde se adscribiu ao cubismo e colaborou en L’Assiette au Beurre e Le Charivari. Os seus primeiros debuxos foron naturalistas e desde 1911 pintou bodegóns case monocromos. En 1912 comezou a realizar colaxes e en 1914 papiers collés e os primeiros lenzos que o achegaron ao cubismo sintético (Naturaleza muerta con frasco y vidrio). Entre 1916 e 1919 desenvolveuse a súa etapa clásica (Violín y vaso). Durante a década de 1920 realizou cadros de arlequíns e pierrots, e escenografías e figurinos para os ballets de S. P. Diaghilev. En 1924 comezou o período polifónico (La mesa del músico). A súa obra asumiu, nunha primeira etapa, unha grande austeridade cromática co predominio do gris e,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. Estudiou Filosofía e Letras e publicou Gramática de la lengua árabe literal y clásica (1910) e Estado social de los mahometanos en Marruecos (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Discurso de Politeama (1888), Páginas libres (1894), Minúsculas (1901), Horas de lucha (1908) e a póstuma Baladas peruanas (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo de Carmen Monteferro, emigrou a Arxentina e colaborou en El Espectador de Ecuador, Lonxe da Terriña de Ponteareas e Valle Miñor. Publicou Al borde la sombra (1972) e Tránsito de Alas (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e fotógrafo. En 1901 emigrou a La Habana e foi profesor de pintura no Centro Gallego. A comezos da década de 1920 instalouse en Madrid e comezou a traballar co nome de Lander, e en 1930 trasladouse a Viveiro, onde foi profesor de debuxo e secretario do PSOE local. Compaxinou a pintura coa fotografía e publicou o álbum Vivero (1934). Cultivou a paisaxe baseada no debuxo, na paleta de verdes, carmíns e ocres, na composición horizontal e nos efectos da luz. Realizou tamén retratos. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes (1922) co óleo Rosaura e recibiu a Cruz de Alfonso XII. Concorreu á exposición de arte galega celebrada na Coruña e Santiago de Compostela (1923) con Sabel, Xardín tropical e Quinta dos muíños e á mostra de Bos Aires (1929) con Nabais en flor e Piñeiros fraternos. Participou na Bienal Hispanoamericana de La Habana (1954) e ata 1971 non expuxo en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Dirixente do PSdeG-PSOE no concello de Vigo, foi concelleiro desde 1982 ata 2003. Alcalde da cidade (1991-1995), ocupou a presidencia do Consorcio Zona Franca de Vigo en 1991 e foi vicepresidente do Eixo Atlántico de Cidades en 1993. Foi elixido pola provincia de Pontevedra como deputado no Parlamento de Galicia na III lexislatura (1989-1991) e senador (1996). Como concelleiro de cultura (1995-2003), promoveu a creación do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da Casa das Palabras (VERBUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1974) e catedrático de bacharelato (1980), foi xefe da sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. O seu labor investigador centrouse na prehistoria e etnografía galegas. Das súas obras destacan Lendas galegas de tradición oral (1983), Entroido en Galicia (1987), en colaboración con X. R. Mariño Ferro, Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de Ancares (1990), en colaboración con X. Rodríguez Campos e C. Gonzalez Pérez, Sociedade e tecnoloxía tradicional do val de Ancares (1996), en colaboración con C. Gonzalez Pérez, e La invención del estado nación (2001). É membro correspondente da Real Academia Galega, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de Madrid (1882) e no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Foi director da Escola Normal de Pontevedra e do periódico La Reforma (1870-1871). Publicou Nociones de agricultura y sus aplicaciones más notables deducidas de las Ciencias físico-naturales y al alcance de todos (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO