"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
PERSOEIRO
Escritor e político ruso. Xunto co historiador Pogodin, elaborou as ideas básicas do paneslavismo, defendeu a especificidade da civilización eslava e preconizou a unidade dos pobos eslavos baixo a dirección rusa. Foi autor de Rusia e Europa (1869) e de Oriente, Rusia e eslavismo (1871), no que propuña que Rusia crease unha gran federación eslava baixo a súa dirección, con capital en Constantinopla, capital da Ortodoxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Profesor de física da Université de Rennes e da Université de la Sorbonne. Baseándose na teoría de E. Debye e P. J. W. Hückel sobre os electrólitos, explicou a variación da viscosidade das solucións electrolíticas en función da concentración. Tamén investigou a polarización rotatoria e a teoría xeral das forzas electromotrices. En 1951 foi elixido membro da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Palmeira de tronco esvelto de ata 30 m de altura, con follas pinnadas de ata 6 m de lonxitude, que en número de 20 a 30 follas forman unha coroa apical. As flores son unisexuais, pequenas e de cor branca, e aparecen reunidas en espádices axilares de ata 120 cm. Os froitos, os denominados dátiles, son baias oblongas de cor laranxa, de ata 5 cm de longo de polpa azucrada e cunha semente oleaxinosa, que precisan para madurar temperaturas superiores aos 40 °C e unha gran disponibilidade de auga; constitúen un importante alimento en moitos países árabes. É orixinaria do norte de África pero a súa área orixinal ampliouse polo cultivo, en terreos fértiles e ben drenados, en condicións climáticas libres de xeadas, ás Canarias, Mediterráneo setentrional, parte meridional dos EE UU e dende Arabia ata o Golfo Pérsico. Foi un símbolo da fertilidade para os exipcios, motivo nas moedas e documentos cartaxineses, ornamento fundamental nas celebracións triunfais dos gregos e romanos e símbolo da paz na...
-
-
Relativo ou pertencente aos dátiles.
-
Aplícase á palmeira que dá como froito dátiles.
-
-
PERSOEIRO
Trompetista de jazz estadounidense. Coñecido como Little Davis, instalouse coa súa familia en Saint Louis en 1927 e participou dende moi novo en numerosas jazz-sessions. Discípulo dos trompetistas E. Buchanan e Clark Terry, ingresou na orquestra Blue Devils de E. Randall e, posteriormente, nos Six Brown Cats de A. Lambert. Logo trasladouse a Nova York e ao longo da súa carreira dirixiu diversos conxuntos. Tocou xunto a B. Carter, C. Hawkins, E. Davies, J. Coltrane, P. Chambers, B. Evans, Airto Moreira, G. Coleman, K. Jarret, D. Gordon, Sarah Vaughan e Ch. Parker, con quen gravou varios discos. Nos anos setenta a súa música absorbeu influencias do rock e electrificouse progresivamente. Retirouse durante seis anos e a comezos dos oitenta incorporouse de novo ao mundo da música nunha nova etapa na que colaborou con A. Foster, M. Miller, M. Stern, B. Berg e M. Cinelu. Compositor da banda sonora da película de Louis Malle Ascenseur pour l’échafaud (1958), da súa discografía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador de cine norteamericano. Denunciou, cos seus documentais de montaxe, diversos aspectos da política do seu país, como o maccarthismo, a Guerra de Vietnam, o ex-presidente Nixon ou o FBI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros ao que pertencen as esfinxes das videiras.
-
PERSOEIRO
Político francés. Foi ministro de Colonias (1893-1895) e de Asuntos Exteriores en dúas ocasións (1898-1905 e 1914-1915), desde onde impulsou a expansión colonial e económica de Francia. Mediou na constitución da Entente Cordial (1904) e da Triple Entente (1907). Foi ministro de Mariña (1911-1913) e durante a Primeira Guerra Mundial conseguiu que Italia se decantase polo bando aliado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario francés. Defensor da escola romántica, fundou -xunto con Victor Hugo, Alexandre Soumet, Alexandre Guiraud, Alfred de Vigny, Saint-Valry e Desjardins- a revista La Muse française (1823-1824), órgano da doutrina romántica. Da súa produción destaca Études françaises et étrangères (Estudios franceses e estranxeiros, 1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desfilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento ou fábrica na que se destilan ou venden destilados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Pavlovič D’agilev.
-
PERSOEIRO
Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten dous cotiledóns.
-
-
Planta da clase das dicotiledóneas.
-
Clase da subdivisión das anxiospermas caracterizada por un embrión con dous cotiledóns, a raíz axonomorfa orixinada a partir da radícula, o talo con feixes vasculares abertos e dispostos en anel, e cunha capa de cámbium, o medre secundario na raíz e no talo, as follas pecioladas e de nervadura pinnada ou palmeada, e as flores tipicamente pentámeras ou tetrámeras. Abrangue as subclases das astéridas, cariofílidas, dilénidas, hamamelídidas, lámidas, magnólidas, ranúnculidas e rósidas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estróxeno de síntese non esteroide, cristalino e incoloro, que se administra por vía oral na terapia hormonal substitutoria. Está totalmente contraindicado para embarazadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aprecio ou cariño profundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Querido con dilección.
-
-
Razoamento formado por unha premisa con dous termos opostos que conducen á mesma conclusión. Na oratoria clásica empregábase como un recurso para obrigar o opoñente e facer que se decida por unha das opcións suxeridas, onde toda elección se consideraba errónea, dado o carácter contraditorio dos conceptos. Constitúe tamén un dos factores máis importantes da traxedia clásica, na que representa a alternativa entre dúas opcións coas que se enfronta o heroe. Supón non só tensión e sufrimento, senón un risco que provoca unha equivocación (hamartia), xeradora dun cambio na sorte do protagonista (metabolé), que o conduce á catástrofe ou final da peza no que paga o seu erro tráxico.
-
Situación problemática na que se ten que optar entre dúas cousas, as dúas igualmente boas ou malas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao dilema.
-
-
Relativo ou pertencente ás dileniáceas.
-
Planta da familia das dileniáceas.
-
Familia de dileniais composta por uns dezaoito xéneros que agrupan máis de cincocentas especies de árbores, arbustos ou lianas propias das rexións tropicais. Algunhas dileniáceas cultívanse como ornamentais. Son característicos desta familia os xéneros Actinidia e Dillenia.
-