"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena. Comezou o seu traballo teatral en Teatro Circo e participou nos seus primeiros espectáculos, como Terra en lume e Erros e ferros de Pedro Madruga. Vinculado ao teatro afeccionado e comunitario, desenvolveu unha intensa actividade co movemento teatral ONCE na Coruña, onde dirixiu e coordinou as actividades do grupo Valacar. En 1993 creou, con Teresa Orro, a compañía Espello Cóncavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en diversos periódicos e revistas, como Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna e publicou La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela (1927), Tratado de Pedagogía I e II (1968-1970), Los grandes pedagogos (1970) e La inmortalidad. Historia de la pedagogía (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Propagandista e xornalista libertario. Coñecido como Alberto Martín ou José Marinero, emigrou a EE UU. Durante a década de 1920 destacou na defensa dos anarquistas italianos condenados a morte, Sacco e Vanzetti. Colaborou no voceiro sindicalista ferrolán La Lucha. Activo no movemento libertario estadounidense ata a súa morte, escribiu xunto con Federica Montseny e Vladimiro Muñoz Breve historia del anarquismo en Estados Unidos de América del Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro industrial. Foi o principal promotor do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, a primeira escola de cine española. En 1943 creou o Laboratorio de Experiencias e Investigacións cinematográficas na Escola de Enxeñeiros Industriais. En 1947 creouse o Instituto de Investigacións e Experiencias, do que foi director e profesor. Foi xefe da sección de Materias Primas da Subcomisión Reguladora da Cinematografía na década de 1940 e xefe do Negociado da Subdirección Xeral da Cinematografía no Ministerio de Información y Turismo na década de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Juan Luis, fíxose cargo do taller familiar de pintura, desde o que deseñou o cartel para as festas do apóstolo de 1915, e a portada para o Libro das Peregrinacións. Aproximouse ao ambiente modernista e prerrafaelista da época e colaborou coa revista Suevia. Madrid foi a súa segunda residencia, e en 1920, concorreu á Exposición Nacional onde expuxo, entre outros, o Tríptico de Pentecostés, realizado para a Capela do Espírito Santo da Catedral de Santiago de Compostela. En 1922, enviou os cadros O Pobre do Sar e Ofelia Aldeá á Exposición Nacional, polo que recibiu a segunda medalla do certame. A Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa, por Mulleriñas (1920), e viaxou a París, onde   tomou contacto co postimpresionismo. En 1929, para a Exposición Iberoamericana de Sevilla, realizou un friso que obtivo o primeiro premio, con oito escenas da historia de Santiago de Compostela. En 1934, obtivo, no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Profesor da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi decano dese centro entre 1996 e 2004. Dirixiu o Observatorio de Comunicación Local e o Observatorio de Ciberxornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e é membro da sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Foi xefe de sección e delegado en Santiago de Compostela de La Voz de Galicia. Redactor dos periódicos A Nosa Terra e El Ideal Gallego, foi correspondente en Galicia de Cinco Días, Actualidad Agraria e El Temps. Publicou A prensa local e comarcal na Galicia do século XX (1992), Detrás da prensa popular (1995), Comunicación e información escrita, redacción periodística (1999), A prensa do terceiro milenio (2000) e Novas tendencias do xornalismo electrónico (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Tralo éxito do seu ballet La farsa de la búsqueda, ampliou estudios en París, onde estudiou con Tony Obin, Leon Barzin, Pierre Wissmer, André Jolivet, Oliver Messiaen e Henry Dutilleux. Na década de 1960 foi a Bos Aires, onde ocupou diferentes cargos na Asociación de Jóvenes Compositores. A súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina internacionalmente. Compuxo outras obras orquestrais, de cámara e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, foi deputado do Parlamento galego na I lexislatura polo PSdeG-PSOE (1981-1985). Escribiu Estrutura produtiva de la agricultura en la montaña de Lugo (1987) e A eficiencia técnica das explotacións leiteiras na comarca interior da provincia de A Coruña: influencia da concentración parcelaria (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Desde 1993, xunto con David Pintor, é o guionista das viñetas de humorismo gráfico que asinan como Pinto & Chinto. Comezaron colaborando en El Correo Gallego e O Correo Galego para, desde 1998, continuar co seu labor en todos os xornais do Grupo Voz, La Voz de Galicia, Diario 16 e Diario de León, e no suplemento de humor Xatentendo.com. Publicou o libro de poemas Espello sen fondo (2000) e, como Pinto & Chinto, Sobran as palabras (1999) e Dez por dous (2003), e o libro de literatura infantil Suca (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, museólogo e ilustrador. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, traballou baixo a dirección de M. Chamoso Lamas na creación e instalación do Museo das Peregrinacións e como supervisor de campo no Castro de Viladonga. Foi director-conservador do Museo Arqueolóxico da Coruña (1975) centrándose na dinamización e sensibilización arqueolóxica e patrimonial da cultura galega. Preocupado pola consolidación, supervisión e posta en valor do Castro de Elviña (1978-1985), coordinou traballos de prospección arqueolóxica submarina na baía da Coruña. Desde 1996 foi técnico de Xestión Cultural e museólogo da Deputación da Coruña e foi nomeado secretario xeral da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (2003). Dirixiu o boletín Brigantium e participou na fundación do xornal A Nosa Terra. Destacan as súas obras Artesanía de Galicia (1981), Museos de La Coruña   (1989), Ferro Couselo (1996), Festas Populares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa andaina coa compañía Sarabela a principios da década de 1980. Participou en espectáculos como A esmorga (1996), Afección (1997), Tics (1998), Os soños de Caín (1999) ou O lapis do carpinteiro (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Documentalista e historiador. Membro do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos (1974-1989), dirixiu o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (1974-1985) e colaborou na organización da Fundación Penzol. Foi membro do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia (1989-1996), dirixiu o Arquivo do Reino de Galicia (1986-1995) e, posteriormente o Archivo de la Corona de Aragón (1996-1997). Membro fundador e presidente de ANABAD de Galicia, das súas obras destacan Fuentes documentales para el estudo de la historia de la ciudad de Tuy que se conservan en el Archivo Histórico Provincial de Pontevedra (1977), Los Archivos de Galicia, estado de la cuestión (1987), La Real Audiencia de Galicia y el Archivo del Reino (1996) e La Expedición Iglesias al Amazonas (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como Ardeiro, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Dorna ou Ateneo Ferrolán. Da súa obra poética, caracterizada polo intimismo, a soidade e o amor, destacan A néboa dunha esperanza (Premio Cidade de Ourense 1981), En bela sombra de amaranto (Premio Celso Emilio Ferreiro 1985), O matiz esmeralda da sombra (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1992), a escolma Sombras e outras presencias (1992) e Un xardín no tempo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida tamén como Xosefina López de Serantes, iniciouse na literatura infantil e, a partir de 1948, dedicouse plenamente ao mundo da novela. É autora de Benito Vicetto iñorado (1978) e Vida e morte dun poeta. Biografía de Francisco Añón Paz (1812-1878) (1986). Membro da Sociedad General de Escritores de España e da Asociación de Escritores, recibiu o primeiro premio dos Xogos Florais de Oleiros (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Manuel Catoira, colaborou en diversas revistas literarias. É autor de A cadea (1977), Intento de fuga en la prisión central (1978) e das antoloxías Cen augas e Opera aperta. Poesía galega (1981). Coa súa composición “Traballadores do cemento” conseguiu o Premio Nós (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Coñecido como Armando Guerra, formouse (1968-1973) en València e Barcelona, onde tomou contacto co formalismo catalán. Regresou a Vigo e deuse a coñecer nas exposicións ao aire libre da praza da Princesa. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade e desde 1980 vinculouse ao colectivo artístico Atlántica. Desenvolveu o seu estilo neoabstracto na década de 1970 e a súa pintura considerouse unha sinopse entre as vertentes intimistas do expresionismo abstracto americano, o cubismo sintético e certas influencias de Bacon. Realizou as súas composicións (Abstracción, 1991), de textura fina, a partir de liñas trazadas en diferentes direccións, marcando a sensación de ritmo e manchas de cor de tons suaves (ocres, rosas e violetas). Da súa obra destacan Formas (1974), A cama (1978) ou a serie Vieiros (1981), da que formaron parte obras como Opostos. Como gravador, tiveron especial importancia os seus traballos en augaforte e augatinta. Parte da súa colección figura no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cofundou o grupo Seis Urogallos xunto con Blas Loures, Estrada, Cancio, Prados e Pacios. Na década de 1970 desenvolveu un estilo propio co neofigurismo, ao que chegou mediante dous matices da concepción pitórica: o realismo e a evolución cara ao idealismo. Aproximouse a Chagall na temática, na mezcla de lirismo e simbolismo. Da súa obra destaca O martirio dunha polémica, A crucifixión branca (1988), Peixeiras, Romaría xacobea, Entroido e Impresións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Deulle ás fachadas de edificios na Coruña un novo tratamento baseado nas características estéticas modernistas como os motivos vexetais ou as columnas ornamentadas así como certos cánones novos de proporcionalidade arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa escultura reproduce fragmentariamente a realidade resaltando texturas e valorando as superficies. Da súa obra destaca a escultura a García Lorca (1986), Un pintor para el Prado (1989), Formaste de tu amor simetría (1991) e Esperanza caminando (1998) no teatro Campoamor en Oviedo. En Galicia realizou unha placa de bronce no Museo de Arte Fenosa na lembranza de Trincado. En 1982 recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas e en 1986 ingresou como académico na Real Academia de Bellas Artes de San Fernanado.

    VER O DETALLE DO TERMO