"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Estudiou a estrutura atómica dos elementos baseándose nas características dos espectros correspondentes. En 1925, xuntamente con Uhlenbeck, avanzou a teoría do spin electrónico. Foi editor de diversas revistas de física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral dunha cor negra relucente que constitúe unha variedade do asfalto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ascomicotinas, da familia das helveláceas, que viven en bosques de coníferas. Son fungos que presentan un sombreiro que recorda a forma do cerebro humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalópodos fósiles, da familia dos ammonítidos, que presentan cunchas divididas en cámaras. Son do Cretáceo Medio mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos haxemitas.

    2. Membro da dinastía descendente de Hāšim, antecesor de Mahoma. Os haxemitas foron xerifes da Meca ata que Husayn ibn ‘Alī foi proclamado rei de ‘Al-Ḥiǧāz (1916). Desterrados de Arabia, ocuparon o trono de Xordania e de Iraq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ruminantes, da familia dos bóvidos, ao que pertence o tar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de hemitropo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao agregado formado por dous cristais da mesma especie unidos por unha cara que é un plano reticular común aos dous cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor na École Polytechnique, na facultade de Ciencias de París e no Colexio de Francia. Investigou no campo das matemáticas puras, fixo traballos sobre as funcións elípticas, que aplicou á resolución da ecuación de quinto grao, e demostrou que o número e non podía ser solución de ningunha ecuación alxébrica, xa que non era un número alxébrico, senón transcendente.Descubriu os polinomios e as funcións que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcións en O definidas por , onde H n(x) = e-x2 Hn(x) é un polinomio de Hermite ↑ .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Polinomios en O dados pola expresión xenérica

    FORMULA

    Satisfán a fórmula de recorrencia
            Hn+1(x) - 2xHn(x) + 2nHn-1(x) = 0,
    e son solucións da ecuación diferencial de Hermite,
                             y’’- 2xy + 2ny = 0.
    Os primeiros polinomios son H0(x) = 1, H1(x) = 2x, H2(x) = 4x2-2, H3(x) = 8x3-12x e H4(x) = 16x4- 48x2+12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que afirma que o número e, base dos logaritmos neperianos, é un número transcendente. A extensión do teorema, que afirma que para calquera número alxébrico α, o número ea é un número transcendente, coñécese como teorema de Hermite-Lindemann. Foi demostrado por Charles Hermite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á matriz complexa cadrada que é igual á súa adxunta, é dicir, que é igual á complexa conxugada da súa transposta aij = aji.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Minas. Ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Minas en 1904 sendo destinado a Ciudad Real, desde onde pasou a Galicia para interesarse polo coñecemento do Paleozoico galego e dirixir os establecementos industriais de Vilaodriz, Viveiro, Vaamonde e Porcia. En 1914 ingresou no Instituto Xeolóxico para completar as súas rectificacións no Mapa Xeolóxico de Lugo, e en 1945 foi nomeado Inspector Xeral do Corpo de Minas. Foi creador e director, ata a data do seu falecemento, do Museo do Instituto Xeolóxico e Mineiro. Polo seu labor profesional e investigador foi recoñecido con diversos cargos e distincións, entre a que destaca o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo a Xeusalén ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estaunidense. Nas súas obras, de forte contido psicolóxico, empregaba técnicas da novela negra e policial para crear ambientes opresivos. Creou o personaxe de Ripley, protagonista dalgunha das súas obras, como The Talented Mr Ripley (1955), levada ao cine por R. Clément en 1960; Ripley Under Ground (1971) e Ripley’s Game (1974), cunha versión cinematográfica de W. Wenders (1977). Cómpre tamén salientar os títulos Strangers in a Train (1951), levada ao cine por A. Hitchcock; Edith’s Diary (1977), Little Tales of Misogyny (1977), Pleople Who Knock on the Door (1983) e Mermaids on the Golf Course and other Stories (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Despois dunhas primeiras obras de estilo posromántico, vinculouse ao vangardismo. Estreou para o teatro Mörder, Hoffnung der Frauen (Asasinos, esperanza das mulleres, 1921), o ballet Nusch-Nuschi (1921) e as óperas Cardillac (1926) e Lehrstück (Peza didáctica, 1929), con textos de Bertolt Brecht. Evolucionou cara a un estilo neoclásico cos concertos de cámara e, coa ópera Mathis der Maler (Matias o pintor, 1938) volveu á música posromántica. Tamén destaca o concerto para violín e orquestra (1939) e o de clarinete e orquestra (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido hipobromoso.

    2. Anión de fórmula BrO - que se pode considerar formalmente derivado do ácido hipobromoso por perda do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO