Hermite, teorema de

Hermite, teorema de
[MAT]

Teorema que afirma que o número e, base dos logaritmos neperianos, é un número transcendente. A extensión do teorema, que afirma que para calquera número alxébrico α, o número ea é un número transcendente, coñécese como teorema de Hermite-Lindemann. Foi demostrado por Charles Hermite.