"Mac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
MACIZO
Zócolo formado no Paleozoico e fracturado no Herciniano que constitúe o núcleo do occidente da Península Ibérica. Erosionado posteriormente ata converterse nunha penechaira, correspóndese coa denominada España Silícea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre as constelacións de Eridano, Reloxo, Retículo, Dourada, Mesa, Octante e Tucano. A estrela principal α Ηυδρι, ten unha magnitude visual de 3,02.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federal de India (55.673 km2; 6.077.248 h [2001]). A súa capital é Simla. Situada na vertente occidental do Himalaia, é unha rexión moi montañosa. Os vales, drenados por afluentes do Indo (Chenāb, Satluj e Beās), son moi fértiles; neles concéntrase a poboación, que se dedica ás actividades agropecuarias (cultivo de trigo, cana de azucre, liño, tabaco e arroz e cría de gando ovino e caprino).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deformación dun corpo en que a relación entre os eixes de simetría pasa a ser de 3:1 ou máis.
-
-
Extensión dun aglutinante bituminoso líquido sobre unha capa porosa dunha superficie para darlle impermeabilidade e cohesión.
-
Recubrimento pictórico dun alto contido de cargas e pigmentos co que se aplica unha primeira capa sobre unha superficie para asegurar unha boa adherencia do recubrimento definitivo. Da imprimación depende a luminosidade da obra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de infamar.
-
-
Acción de inflamar ou inflamarse.
-
Reacción inespecífica que ten lugar no tecido conxuntivo e coa que o organismo se defende da acción dun axente agresor. Os axentes agresores poden ser físicos, químicos ou microorganismos. Distínguense dous tipos de inflamación: a aguda e a crónica. Os síntomas clínicos locais da inflamación aguda son a calor, a roibén, o inchazo e a dor. A consecuencia da lesión, aparecen no foco inflamatorio mediadores químicos responsables dunha vasodilatación dos capilares e das arteriolas e dun aumento da súa permeabilidade. Iso trae como consecuencia unha exsudación do plasma sanguíneo e favorece a aparición, no tecido inflamado, dun infiltrado de células provenientes do sangue (leucocitos, eritrocitos, macrófagos). A inflamación aguda caracterízase polo tipo de exsudación, que pode ser fibrinosa (moi abondosa en proteínas plasmáticas e fibrina), serosa (con predominio de líquido) ou purulenta (na que abondan os leucocitos mortos e o tecido necrosado). A inflamación crónica preséntase cando non se...
-
-
-
-
Acción e efecto de informar ou informarse.
-
Noticia ou noticias que se queren coñecer.
-
Contido dun ou máis datos, nos que se fai abstracción da representación concreta que adopta.
-
información xenética
Conxunto de caracteres hereditarios que se transmiten polos xenes.
-
teoría da información
Teoría matemática que trata a transmisión, o almacenamento e a transformación da información. Comprende todos os aspectos da comunicación humana e entre máquinas. Baseándose nos traballos de N. Nyquist e R. W. L. Hartley feitos entre 1924 e 1928, C. E. Shannon expuxo en 1948 unha teoría, chamada da comunicación, sobre a transmisión da información, que deu lugar a este apartado relacionado coa cibernética. Cómpre salientar igualmente as achegas de Gabor, Weaver, Wiener e Tuller.
-
-
Oficina ou departamento destinados a informar algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de economía editada polo Ministerio de Comercio desde 1898.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal de carácter económico editada en Ourense a partir do 10 de xuño de 1922. Probablemente cesou a súa edición en agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Para el Fomento Industrial, Mercantil y Agrícola de la Provincia de Orense” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Otero.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu en 1991 nunha terceira etapa como continuadora do Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega e do Boletín de Información Teatral. Conta con novos colaboradores, como Roberto Salgueiro, Mª Xosé Queizán, Maite Rodal ou Euloxio R. Ruibal. Nesta etapa introduciu un caderniño central de textos dramáticos tanto de autores estranxeiros coma galegos, ademais dunha nova sección “Opinión desde a butaca”. Os seus últimos números eran monográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de inhumar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de carácter mariolóxico, procedente do adxectivo latino inmaculata (in- + macŭla ‘mancha, falta’). Ten os hipocorísticos Inma e Adiña. O catolicismo aplicoulle este nome a María, en alusión á súa virxindade (‘sen mancha, sen pecado’), co gallo da celebración da Inmaculada Concepción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade celebrada o 8 de decembro para conmemorar a crenza de que María, en virtude da graza preventiva de Xesús Cristo, fora preservada do pecado orixinal desde o instante en que foi concibida. Sen testemuño explícito na Biblia, esta doutrina foi aprobada por Sisto IV (1476) e definida como dogma de fe por Pío IX (8.12.1854) na bula Ineffabilis Deus, tras moitos séculos de discusións teolóxicas e despois dunha tradición piadosa popular ben asentada en España desde o s XVII. Non obstante , grandes teólogos, como san Bernaldo de Claraval, santo Alberte o Magno, san Boaventura, san Tomé de Aquino e, posteriormente, a escola dominicana, de acordo co principio da universalidade do pecado orixinal, opuxéronse a esta doutrina; os seus principais defensores foron os franciscanos. De raizame oriental, a celebración nace no s VIII en ambientes bizantinos e do Mediterráneo pasou a Irlanda; no arquivo da catedral compostelá xa se documenta en 1262. Daquela festexaba a concepción...
-
-
Que non ten mancha.
-
Que non ten ningún defecto nin nada desfavorable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[IGAFA] Centro de formación situado na punta Niño do Corvo da Illa de Arousa, no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia. Naceu co obxectivo de impartir cursos para a obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Actualmente imparte a formación profesional en acuicultura. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laboratorios, un parque flotante (que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes), un taller de ensino náutico-pesqueiro, unha aula de aplicacións informáticas e un parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.
-
-
Acción de intimar.
-
-
Notificación ou declaración dunha orde ou dun mandamento.
-
intimación a comparecencia
Requirimento e citación dunha persoa para que compareza en xuízo.
-
intimación de pagamento
Requirimento formal dirixido a un debedor para que cumpra a súa obriga, coa advertencia de que se procederá, se non a cumpre, a satisfacela polos trámites legais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se produce logo de que se deposite unha capa e, antes de que sedimente, a seguinte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo creado na Escola de Maxisterio de Pontevedra por Antón Lamapereira e Manuel F. Vieites en 1987, ao abeiro da Aula de Teatro da citada escola universitaria. Despois de estrear Colorín Colorado en 1987, en 1988 presentaron Pimpirulandia, un espectáculo do que se realizaron máis de 65 funcións. En 1990 presentaron o espectáculo Rodatola, unha creación colectiva dirixida por Manuel F. Vieites e Manuela Rodríguez Lorenzo.
-
-
Acción de segregar lágrimas.
-
Emisión de líquido a través das feridas das plantas.
-