"Marin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 276.

  • GALICIA

    Deseñadora. Creou a empresa textil Modatest en Vigo (1985), onde se centraliza o proceso de deseño, produción e distribución das coleccións. Lanzou a súa primeira colección en 1986 coa liña María Mariño e posteriormente creou African Blue (1995). Participou en distintas edicións da pasarela Luada e comezou a súa expansión internacional a través de franquicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director do Departamento de Prensa e Publicacións do Colexio de Arquitectos de Galicia, director de Edicións do Cerne e director xeral de Edicións Xerais de Galicia. Ocupou a dirección da área de cultura da TVG e presentou os programas Etcétera e Moderato Cantábile. Participou na edición da obra completa de Fermín Bouza Brey (Premio do Padroado Rosalía de Castro, 1980) e en diversos libros de Méndez Ferrín. Recibiu o Premio Santiago de TVE ao mellor labor cultural realizado en Galicia (1986), o Premio Irmandade do Libro ao mellor programa cultural de televisión (1992) e o Premio Galicia de Comunicación ao mellor labor desenvolvido en televisión (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Exerceu a súa profesión en Galdo e Viveiro e, despois de xubilarse, dedicouse a elaborar un proxecto de navegación aérea que deixou manuscrito e datado a 12 de xullo de 1879. Este manuscrito foi publicado en 1920, primeiramente en El Heraldo de Vivero e posteriormente nunha edición co título de Proyecto acerca de la navegación aérea. Año 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1991) e director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao Consello Científico do Instituto da Lingua Galega e é secretario do comité de redacción da revista Verba. Colaborador de diversas publicacións con artigos sobre a lingua galega, como A Trabe de Ouro, Cadernos da Lingua e Verba, das súas obras destacan Edición de Os Camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo (1990), Edición e estudo lingüístico do coloquio de vinte e catro galegos rústicos de Fr. M Sarmiento (1995), Historia da lingua galega   (1998), Eladio Rodríguez e a cultura galega (2001) e O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista visual e narradora. Destaca pola súa mestura artística, produto da investigación de novos soportes, entre os que destacan os libro-obxecto. Nunha segunda etapa utilizou a fotografía que chegou a ter categoría pitórica, froito da manipulación con pigmentos e outros materiais. Investigou posteriormente a técnica da colaxe e a produción en vídeo coa obra A Praia (2004). Das súas publicacións destacan os contos O soldado Klaus (1999), Ela (2000), Vicio (2002) e Soñando (2003). Recibiu o primeiro premio no Certame Arte Xoven Galego (1996) e o primeiro premio no III Certamen de Expresión Plástica Ramón J. Sender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou con Francisco Casas no retablo de san Bieito para o mosteiro de San Martiño Pinario (1742-1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. A súa poesía influíu notablemente na literatura italiana da súa época. A súa obra máis destacada é Adone (1623), poema mitolóxico escrito en oitavas, onde trata o amor de Venus e Adonis. Postumamente foi publicado o seu poema relixioso La strage degli innocenti (1632), sobre tema bíblico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido o 17 de decembro de 1703 por Filipe V a Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, Lemos e Soutomaior, militar e cabaleiro da orde de Santiago. Cando morreu, o título quedou vacante ata 1921, ano en que foi rehabilitado por María Lourdes Cabeza de Vaca Carvajal, que ao morrer (1941), herdou o seu fillo Antonio Sartorius Cabeza de Vaca. En 1978 converteuse en IV marqués de Mariño, Vicente Sartorius Cabeza de Vaca , irmán do anterior. Desde 2002 o V marqués de Mariño é   Luis José Sartorius Zorraquín , fillo de Vicente Sartorius. Ten por armas un escudo partido; o primeiro de prata, con tres faixas de azul, e o segundo, de sinople cunha cabeza de lobo, de ouro, sobre a que se colocou unha estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Participou na Guerra de Independencia de Venezuela e nas sucesivas campañas de emancipación contra a dominación colonial, en que foi promovido a xeneral. Xefe do Estado Maior de Bolívar na Batalla de Carabobo (1821), secundou a Páez na súa actitude independentista de Venezuela fronte á República de Gran Colombia. En 1834 foi candidato á presidencia da república, pero Páez impuxo a Vargas. Poucos meses despois ocupou pola forza a presidencia, pero Vargas obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino Marinus/Marina, forma talvez derivada de Marius ou do adxectivo latino marinus ‘mariño’. A forma feminina era moi frecuente na Idade Media. Santa Mariña é patroa dos concellos das Neves, Cambados, Xinzo de Limia e Teo, onde a celebran o 18 de xullo, e é titular de 97 parroquias. San Mariño celébrase o 3 de setembro. Presenta a variante Marino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo grego. Foi o autor dunha obra descritiva de toda a Terra, coñecida a través de Ptolomeo, quen a criticou aínda que extraeu dela moitos datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo románico, foi construída no s XII, pero reformada en época barroca (s XVIII). Ten unha soa nave de planta rectangular cunha capela maior de planta cadrada separada da nave central por un arco triunfal de medio punto rebaixado. Destaca o retablo barroco da capela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, probablemente de orixe portuguesa. Puido pertencer á liñaxe galega dos Mariño e foi medio irmán doutros dous trobadores, Per’Eanes Marinho e Osoir’Anes. Activo no segundo terzo do s XIII, formou parte do círculo cortesán de Sancho IV. No Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana aparece como autor dunha soa cantiga (“Ena primeira rua que cheguemos”), un escarnio persoal dirixido a un fidalgo, que está moi danado pola transcrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. É autora de numerosas publicacións sobre prosa e poesía españolas dos ss XIX e XX. Especializada na obra de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, publicou La Poesía de Rosalía de Castro (1974), con material recollido na súa tese de doutoramento, Rosalía de Castro y sus sombras (1976) e Rosalía de Castro (1986). Combina as súas colaboracións xornalísticas en La Voz de Galicia coa dirección de diversas coleccións de narrativa nas editoriais Castalia e SM. Na súa obra, de carácter realista, combínanse temas propios do ser humano co misterio, o amor e a morte. O avance da acción sempre acontece na mente dos personaxes, de aí a importancia da perspectiva e da psicoloxía que a autora utiliza como recurso fundamental. Publicou Cándida, otra vez (Premio Ámbito Literario 1979), Al otro lado (Premio Novelas y Cuentos 1980), Plantar un árbol (Premio Gabriel Sijé 1981), Ensayo de comedia (Premio Hucha de Oro 1982),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico francés. Sen abandonar os seus deberes relixiosos como freire mínimo, dedicouse intensamente ao cultivo das ciencias positivas, seguindo as pegadas de Galileo. Tivo achegas orixinais en mecánica (lei do péndulo) e sobre todo en acústica (leis das cordas vibrantes e lei da velocidade do son mediante eco).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra, reconversión republicana do Partido Reformista, polo que foi deputado en 1933. Colaborou en Faro de Vigo e publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Nas súas obras destaca o sentimento de intimidade e a descrición da vida provinciana. As súas primeiras composicións estiveron inspiradas en G. Pascoli. Da súa produción destacan os libros en prosa Fraternità (1906), La serenata delle zanzare (1908), Poesie scritte col lapis (1910), e os libros de poemas Scrivere non è necessario (1938), La vedova Fioravanti (1941) e Il Fiocco verde (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e xornalista. Foi fundador do semanario La Libertad, notario en diferentes vilas ourensás e cronista oficial de Monforte de Lemos. Exerceu o xornalismo nos primeiros anos da Guerra Civil Española en Radio Nacional de España e foi un asiduo colaborador de prensa, especialmente a de Galicia, como Irmandade, Mundo Gallego e A Nosa Terra. Da súa abundante bibliografía cómpre salientar Perfil humano de Franco (1938), El hidalgo de Vilamor (1939), Galicia en la guerra (1939), Fantasías reales: almas de un protocolo (1961), traducida ao galego en 1993 como Fantasías reais; Sempre matinando (1971), Temas gallegos (1979), con prólogo de Xosé Mª Castroviejo; Arredor da lareira (1980), La desigualdad humana (1982), El Pleito y otras narraciones (1988), La generación del 36: memorias de Salamanca y Burgos (1989), Un feixe de contos (1990), con ilustracións de Xaquín Trujillo; La Corona de fuego y otras leyendas (1991), Últimas cartas de amor (1992), A Galicia prodixiosa: as ánimas, as bruxas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Exerceu como avogado en Monforte de Lemos, na Transición pertenceu a Reforma Democrática, e máis tarde a Coalición Democrática. Foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura por Alianza Popular (1981-1985), vicepresidente do Parlamento galego e conselleiro do Consello Consultivo de Galicia (1996-2002). Escribiu en diversas publicacións sobre temas relacionados co dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en 1983 e situado no claustro do antigo convento de San Domingos, en Betanzos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Recolle pezas castrexas, romanas e medievais da zona e conta cunha sección histórica e outra antropolóxica. Alberga o Museo do Traxe Galego, con representacións de modelos de toda Galicia, unha zona dedicada a símbolos como a bandeira e documentos do goberno da Segunda República no exilio, unha importante colección cartográfica e restos dun museo escolar local, a colección Jiménez-Cossío e a sala Apostolado de Rubens, integrada por unha colección de táboas de Rubens ou da súa escola traídas a Betanzos polos fundadores do Hospital de Santo Antonio no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO