Mayoral Díaz, Marina

Mayoral Díaz, Marina

Escritora. É autora de numerosas publicacións sobre prosa e poesía españolas dos ss XIX e XX. Especializada na obra de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, publicou La Poesía de Rosalía de Castro (1974), con material recollido na súa tese de doutoramento, Rosalía de Castro y sus sombras (1976) e Rosalía de Castro (1986). Combina as súas colaboracións xornalísticas en La Voz de Galicia coa dirección de diversas coleccións de narrativa nas editoriais Castalia e SM. Na súa obra, de carácter realista, combínanse temas propios do ser humano co misterio, o amor e a morte. O avance da acción sempre acontece na mente dos personaxes, de aí a importancia da perspectiva e da psicoloxía que a autora utiliza como recurso fundamental. Publicou Cándida, otra vez (Premio Ámbito Literario 1979), Al otro lado (Premio Novelas y Cuentos 1980), Plantar un árbol (Premio Gabriel Sijé 1981), Ensayo de comedia (Premio Hucha de Oro 1982), Contra muerte y amor (1985), Unha árbore, un adeus (1988), O reloxio da torre (1988), estas dúas últimas influídas polo seu mestre Ramón Piñeiro; Chamábase Luís (Premio Losada Diéguez 1989), Morir en sus brazos (1989), Tristes armas (1994), Querida amiga (1995), Recuerda, cuerpo (1998), La sombra del ángel (2000) e Ao pé do magnolio (2004), tamén publicada en castelán. Recibiu, entre outros, o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mondoñedo