Mariño Paz, Ramón
Mariño Paz, Ramón
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1991) e director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao Consello Científico do Instituto da Lingua Galega e é secretario do comité de redacción da revista Verba. Colaborador de diversas publicacións con artigos sobre a lingua galega, como A Trabe de Ouro, Cadernos da Lingua e Verba, das súas obras destacan Edición de Os Camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo (1990), Edición e estudo lingüístico do coloquio de vinte e catro galegos rústicos de Fr. M Sarmiento (1995), Historia da lingua galega (1998), Eladio Rodríguez e a cultura galega (2001) e O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Argalo, Noia