"Neira" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Baralla. Ten planta en forma de L, con muros de cantaría. No patio sitúase unha escaleira exterior que dá acceso á planta nobre. A torre é cadrada e ten tres andares: o primeiro é cego, o segundo ten unha gran ventá cadrada e o terceiro dúas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado na Pobra do Brollón. Formado por ermitáns, o conde Fernando de Traba incorporouno a Montederramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplica situado en Sarria, baixo a advocación da Virxe, san Xoán Bautista, san Miguel, san Mamede, santa Cristina e santa Uxía. O documento máis antigo que se conserva é unha doazón de 951. Desde 1011, baixo o mando da abadesa Fernanda, pasou a denominarse de San Paio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bosque ou arboredo de piñeiros. Adoita darse onde as árbores de folla ancha non son capaces de formar masas densas ou constitúen bosques secundarios, que substitúen os bosques primarios cando estes foron destruídos ou maltratados. Os piñeirais ocupan unha grande extensión, favorecidos polo home, xa que se pode aproveitar a súa madeira; isto, indirectamente, favorece a degradación das comunidades vexetais xenuínas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede que se emprega na pesca do pión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde abundan os piornos.
-
GALICIA
Actor, autor e director teatral. Participou como actor en diversas montaxes da Escola Dramática Galega, como A noite vai coma un río (1979), de A. Cunqueiro; e dirixiu O paseio de Buster Keaton (1980), de F. García Lorca. Coa compañía Luís Seoane interpetou Dansen (1980), de B. Brecht. Escribiu os dramas Lenda antiga do home que quererá voar (1979, Premio Teatro Breve da EDG), en que trata a submisión do home actual á ciencia e ao progreso; e A outra historia de Brancaneves (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Desde 1983 é catedrático numerario de Lingua e Literatura Galegas do Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. Foi secretario da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua (1980-1988) e formou parte do consello de redacción de Agália ata 1995. Publicou varias obras, tanto de tipo gramatical como pedagóxicas. Entre as primerias cómpre destacar Língua: gramática metódica da língua galega (1980) e Nova gramática para a aprendizaxe da língua (1988), ambas as dúas en colaboración; Normas ortográficas do idioma galego. Texto íntegro, guia e comentários (1980) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983). En canto ao material pedagóxico publicou, en colaboración, Língua galega 2 (1981) e E non chegou a ser palabra (1995); Actividades de léxico 1 (1990) e Actividades de léxico 2 (1990), que tamén dirixiu e coordinou; Actividades de expresión oral e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e cirurxián. Especialista en radiodiagnose, investigou tamén sobre xeoloxía e prehistoria, e foi director do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Ademais foi membro de distintas institucións, entre as que destaca a Societè Préhistorique Française. Recibiu o Premio Federico Maciñeira da Real Academia Galega polo seu traballo Mesolítico Gallego e a Medalla de Prata de Galicia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Proído moi intenso nunha parte do corpo.
-
rañouta.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Mariz (Guitiriz). O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores e dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘sardiña’.
-
GALICIA
Historiadora. Doutora en Historia e profesora na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en prehistoria. Os seus estudos centráronse na cultura castrexa e a arte rupestre. Colaborou en varias publicacións e das súas obras destacan Guía de los petroglifos de Muros (1984) e Avances sobre a tipoloxía da cerámica castreña, as xerras (1982), escritas en colaboración, e Yacimientos castreños de la vertiente atlántica: Análisis de la cerámica indígena (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles, cargada de cinco cunchas de vieira de prata, unha no centro e unha en cada brazo; en punta ondas de azul e prata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. De orixe galega, formouse en Salamanca onde foi lector. Estivo nas misións en Manila e Xapón (1594), e, de volta a Manila (1598), percorreu Filipinas para escribir Historia de las islas del archipiélago Filipino y reinos de la Gran China, Tartaria, Cochinchina, Malaca, Siam, Camboxa y Japón (1601). Escribiu tamén Excelencias de la Corona de la Virgen Santísima (1606).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cudeiro (Ourense). De planta irregular, semellante a un rectángulo con patio interior, ten planta baixa e un andar e cuberta a catro augas. Sobre a porta principal atópase a pedra de armas, que alude aos Deza e os Villamarín, rodeada de molduras e decorada con placas. A fachada principal ábrese ao Camiño Real. Ten unha capela.
-
GALICIA
Relixioso e xurista. Ocupou os cargos de cóengo-cardeal da catedral de Santiago de Compostela (1813), auditor do Tribunal de la Rota de la Nunciatura (1826), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1824-1827) e bispo de Valladolid (1831-1856). Foi senador pola provincia de Lugo (1840-1841)
VER O DETALLE DO TERMO