"OIT" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 172.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comida que ten por ingrediente principal troitas.
-
-
Que ten abundancia de troitas.
-
Que ou quen pesca ou vende troitas.
-
-
GALICIA
Relixioso. Doutor en Dereito, foi profesor de dereito canónico na Universidade de Santiago de Compostela. Ordenado sacerdote en 1937, foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela, secretario capitular da mesma e chantre do cabido. Publicou Vida del Ilustrísimo Sr. D. Francisco de Aguiar y Seixas (1951) e La bula “Apostolici Ministerii” en Santiago (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Emigrou a Bos Aires onde foi panadeiro e adoptou o ideal libertario, dirixindo o seu gremio. Foi representante da Sociedad de Resistencia y Colocación de Obreros Panaderos creada en Montevideo (1901). En 1903 expulsárono de Arxentina e instalouse ao ano seguinte en Montevideo. Foi membro do Sindicato de Oficios Varios da Villa del Cerro e dirixiu o xornal El Obrero. Participou na Conferencia Latino Americana del Trabajo en México (1938), dirixiu o Sindicato de Vendedores de Diarios e foi o xestor da Casa del Canillita, denominación dos vendedores de xornais na rúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Xornalista e empresario editorial. Director xeral da Papelera Española, fundou a Editorial Calpe e os xornais El Sol (1917) e La Voz, ademais do Instituto Ibis (1919) e a axencia Febus, entre outras iniciativas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Formouse en decoración e en cerámica na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Destacan as súas esculturas públicas como a Cigarrera, na praza da Palloza da Coruña (1989); Pescadora, no paseo de Cariño; Sirena de San Amaro, no paseo marítimo da Coruña; ou Maternidad (1988). Foi premiada no I Certamen de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
viturón.
-
-
-
Ave de rapina da familia dos accipítridos, que se alimenta de todo tipo de presas, incluídas preas.
-
Ave de entre 59 e 70 cm de lonxitude, cunha envergadura de ata 165 cm, o máis pequeno dos voitres. Os sexos son moi semellantes, e diferéncianse só polo tamaño. A plumaxe do corpo é branca sucia, coas rémixes primarias e secundarias negras. A cabeza é amarela e carece de plumas, agás na zona posterior de onde parte un penacho amarelo. De hábitos migradores, vive en zonas montañosas, de cantís ou penedías con campo aberto. Existen dúas subespecies, unha asiática meridional e outra europea. Esta última ten a súa maor poboación en España, onde está presente en case todos os macizos montañosos, aínda que falta na maior parte da costa mediterránea. En Galicia só se dá como estival no SL da rexión, pero é moi raro de atopar.
-
Ave de entre 100 e 118 cm de lonxitude, e de ata 295 cm de envergadura, o que se considera voitre de maior tamaño. Os machos é as femias só se diferencian polo tamaño. A plumaxe é marrón escura, case negra, coa cabeza e o pescozo sen plumas, pero cunha especie de colar na base do pescozo formado por plumas pálidas e curtas. Vive nas zonas de estepa e nos bosques caducifolios de coníferas e mediterráneos, nidifica na copa das árbores. É unha especie ameazada que se distribúe desde o S de Europa ata Asia central. En España dáse especialmente no SO e no centro, e en Galicia non se dá.
-
Ave de entre 97 e 110 cm de lonxitude, e ata 290 cm de envergadura. Os sexos só se diferencian no tamaño. A plumaxe do corpo é parda leonada, pero o extremo das ás e da cola son moi escuros. A cabeza e o pescozo están cubertos de penuxe branca e na base do pescozo ten un colar de plumas pequenas brancas cincentas. Cando localizan as preas voan en círculos e posteriormente se lanzan en voo picado. É de hábitos sedentarios e gregarios, e está clasificada como rara. Viven en zonas montañosas, en rochedos ou barrancos. Distribúese pola Europa mediterránea, e en España non está presente nas illas, nin en Murcia. En Galicia é moi rara atopala, pero foi avistada na zona dos Ancares e Pena Trevinca.
-
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido polas súas cartas, como a que lle escribiu a Richelieu, “Lettre sur la prise de Corbie” (1936), da súa poesía destaca Sonnet d’Uranie (1649).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Membro do Partido Socialista Obrero Español, foi director de El Socialista (1932-1937). Deputado (1931 e 1936), foi ministro de Gobernación (1937-1938) e secretario xeral do ministerio de Defensa (1938). Exiliado en París, foi detido polos nazis e conducido a España, onde foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO