"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Acción de delongar ou atrasar unha cousa por algún tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar a realización de algo para facela máis adiante.

    2. Facer que algo dure máis no espazo e no tempo.

      1. Dobrar unha planta polo seu propio peso.

      2. Curvar unha persoa debido á súa idade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ditongar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar ditongo ao pronunciar dúas vocais seguidas dentro dunha mesma sílaba.

    2. Transformarse unha vogal nun ditongo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son vocálico continuo que articulatoriamente produce un cambio de timbre, de xeito que presenta unha calidade no comezo e outra no final da súa emisión. Desde un punto de vista auditivo, trátase de dous segmentos vocálicos percibidos dentro da mesma sílaba sonora. En canto á tipoloxía fonética, os ditongos divídense en crecentes, ou ascendentes, e decrecentes, ou descendentes, segundo cál dos dous segmentos fónicos é máis sonoro. Os ditongos decrecentes, os máis característicos do galego, están formados de vogal e mais semivocal [j, w]; neles o primeiro elemento ten unha maior duración e intensidade. Os ditongos decrecentes tónicos son: [aj] (faixa), [ ɛ j] (carteis), [ej] (peixe), [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ j] (bocoi), [oj] (loita), [aw] (causa), [ ɛ w] (deu), moi escaso, [ew] (comeu) e [ow] (pousei). Aqueles ditongos formados de vogal de grao medio e mais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (5.864 km2; 1.762.900 h [1993]). A súa capital é Bien-Hoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (3.391 km2; 1.337.000 h [1989]). A súa capital é Lao Lamh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria de Vietnam. Divídese en 100 xu e 10 hao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Estableceuse en París en 1897 e nacionalizouse francés en 1929. Foi membro do grupo fauvista (1906) e en 1908 expuxo cos expresionistas alemáns do grupo Die Brücke. Nas súas viaxes por Europa estivo en España, onde realizou, entre outros, o retrato Juana la Macarrona (1910) e participou na Exposición Internacional de Pintura y Escultura de Bilbao (1919). Creou unha obra chea de cor e gran forza expresiva, con escenas do music hall, retratos femininos e personaxes da alta sociedade parisiense e paisaxes. Entre outras destacan O vello Clown (1906) e Dona das xoias (1908). Colaborou, entre outras publicacións, en Rotterdamsche Nieuwsblad e Revue Blanche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua pertencente á familia lingüística adamawa-ubanguiana do phylum níxer-congo que se fala na República Democrática do Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino da rexión de Nubia. A partir do ano 1530 a C formou parte do Antigo Exipto e a mediados do s IV converteuse nun reino cristián. No ano 1275 pasou de novo a Exipto. Mohamed Alí gobernou o territorio (1820) que quedou en poder dos seguidores do mahdi entre 1895 e 1896, ano no que pasou a ser territorio de Sudán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do sheng de Hanan, China, situado na rexión do centro-sur, ao S do Iang-Tsé (5.500 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada ao S das montañas Huijishan (281.728 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da orde dos sirenios, ao que pertence o dugongo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero de corpo groso, de ata 3 m de lonxitude e 300 kg de peso. Presenta unha aleta caudal bilobulada que empregan para impulsarse pola auga mediante movementos vigorosos e orientados nun plano vertical, e os dous membros anteriores reducidos e flexibles, que empregan como temón mentres nadan e para soster o alimento. Teñen o labio superior grande e partido en dúas metades, de mobilidade independente, co que poden manexar a comida. Na boca só teñen dentes molares. Respiran cada 20 minutos cando están en repouso e cada 3 ou 5 minutos cando están en plena actividade. Habitan as desembocaduras dos grandes ríos, aínda que ocasionalmente se aventuran en mar aberto. Distribúense por augas con temperaturas que nunca descenden dos 21°C das costas do Océano Índico, o L de África, India, Asia e N de Australia. Son herbívoros que consomen diariamente unha cantidade de alimento equivalente a unha décima parte do seu propio peso. A dieta componse, principalmente, de algas e dalgunhas plantas subacuáticas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico francés. Foi profesor de física (1820) e director da École Polytechnique (1830). No terreo da química descubriu o cloruro de nitróxeno (1811) e o ácido hipofosfórico, e analizou a composición química da auga (1820), en colaboración con Berzelius. No apartado da física, en colaboración con A. T. Petit, investigou, basicamente, sobre a teoría da calor. Os dous estableceron a lei empírica sobre as calores específicas, denominada lei de Dulong-Petit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que establece que, para un corpo simple, o produto do peso atómico e da calor específica por gramo (a presión constante) é unha constante aproximadamente igual a 6,4 calorías por grao Celsius, a temperaturas ordinarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua pertencente á familia lingüística tibeto-carena do phylum sino-tibetano que se fala en Bhutan e Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en 1843 por Jean-Baptiste Muard e Pierre Boyer en Pontigny (Francia), co fin de remediar a situación de abandono e destrución que vivía a Igrexa gala tralo estoupido da Revolución Francesa e formar un grupo de misioneiros que suplise as necesidades das parroquias da diocese. Desde a expulsión das ordes relixiosas o superior comezou a residir en Hitchin, Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario creado por iniciativa do concello de Redondela en 1981. Está promovido e financiado por un conxunto de concellos que cada ano se van sumando á convocatoria e que achegan unha parte proporcional do premio en metálico que se lle entrega ao gañador. Cada ano organízao un dos concellos, que se encarga así mesmo da entrega do premio e de difundir ese ano a obra de Eduardo Blanco Amor nunha semana dedicada ao autor. A primeira edición celebrouse en Redondela. As obras presentadas deben ser inéditas e o galardón entrégase no mes de decembro, nun acto que, ademais, acolle o sorteo do concello que organizará a edición seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO