Dulong, Pierre-Louis
Dulong, Pierre-Louis
Físico e químico francés. Foi profesor de física (1820) e director da École Polytechnique (1830). No terreo da química descubriu o cloruro de nitróxeno (1811) e o ácido hipofosfórico, e analizou a composición química da auga (1820), en colaboración con Berzelius. No apartado da física, en colaboración con A. T. Petit, investigou, basicamente, sobre a teoría da calor. Os dous estableceron a lei empírica sobre as calores específicas, denominada lei de Dulong-Petit.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rouen -
Deceso
Lugar : París