ditongo
(
Son vocálico continuo que articulatoriamente produce un cambio de timbre, de xeito que presenta unha calidade no comezo e outra no final da súa emisión. Desde un punto de vista auditivo, trátase de dous segmentos vocálicos percibidos dentro da mesma sílaba sonora. En canto á tipoloxía fonética, os ditongos divídense en crecentes, ou ascendentes, e decrecentes, ou descendentes, segundo cál dos dous segmentos fónicos é máis sonoro. Os ditongos decrecentes, os máis característicos do galego, están formados de vogal e mais semivocal [j, w]; neles o primeiro elemento ten unha maior duración e intensidade. Os ditongos decrecentes tónicos son: [aj] (faixa), [ ɛ j] (carteis), [ej] (peixe), [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ j] (bocoi), [oj] (loita), [aw] (causa), [ ɛ w] (deu), moi escaso, [ew] (comeu) e [ow] (pousei). Aqueles ditongos formados de vogal de grao medio e mais semivocal palatal tenden, segundo Amable Veiga Arias, a neutralizarse na vogal pechada ([ ɛ w], [ ɛ j], [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ j] > ([ew], [ej], [oj]), aínda que adoita manterse a abertura nos plurais das palabras en -l (papeis, caracois); non obstante esta neutralización xeneralizada é cuestionada xa que existen algúns pares opostos polo timbre da vogal de grao medio (dialectal veu [ew] ‘ver’ vs veu [ ɛ w] ‘vir’; dialectal bateis [ej] ‘bater’ vs bateis [ ɛ j] ‘batel’). Tamén poden aparecer ditongos decrecentes en formas vulgares cando se produce a vocalización do primeiro elemento dun grupo consonántico culto (directo [di’ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɾ ewto]). En posición átona existe neutralización nos ditongos formados por vocais de grao medio, desaparecen os ditongos [ ɛ j], [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ j] e [ ɛ w] en favor dos seus correspondentes pechados; aínda que adoita conservarse o ditongo [ ɛ j] en posición átona como pronuncia popular pola tendencia á palatalización de [aj] nesta posición (aixada/pop eixada) e o ditongo átono [oj] tende a pronunciarse [uj] (coidado/cuidado). Os ditongos crecentes, formados de semivocal e mais vocal, caracterízanse por unha maior duración e intensidade do segundo elemento. Os ditongos crecentes poden aparecer en palabras patrimoniais (aguia, cumio), pero, sobre todo, son frecuentes nos cultismos (ambiente, consecuencia). En galego distínguense os seguintes ditongos crecentes: [jo], especialmente nas terminacións -ción, -sión, -tión e -xión (precaución, conclusión, combustión, complexión) e en posición átona final (lucio); [j ɛ ], sobre todo nas terminacións cultas -iencia e -iente (conveniencia, conveniente) e nalgunha palabra patrimonial (fiestra, piega), ademais de aparecer en posición átona, sobre todo, en palabras derivadas (ambientar); [ja], en posición tónica e átona (piano, malia); [wa], en posición tónica e átona (cuarto, lingua); [wo] (suor, arduo); [w ɛ ], en posición tónica e átona, xeralmente en cultismos (frecuente, frecuentar); [w "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ ], en posición tónica, xeralmente en cultismos (secuoia). De todas formas en galego existe unha gran resistencia á pronuncia dos ditongos crecentes e unha tendencia a desfacelos en hiatos ([kam-’bjar] pasa a [kam-bi-’ar] e mesmo a [kam-be-ar] na pronuncia popular), a excepción dos ditongos [j ɛ ] e [w ɛ ] que tenden a manterse. Nos ditongos crecentes, tónicos ou átonos en posición non final, con elemento palatal e o resultado máis habitual é a realización aberta [j ɛ ] e [w ɛ ]; pola contra, con elemento velar o pode realizarse como aberto ou pechado, en posición tónica, e predomina a realización pechada en posición átona, realización constante en posición final de palabra. Ademais en galego pode darse ditongo cando se produce o encontro de dous sons vocálicos pechados que, a pesar de teren o mesmo grao de abertura, se diferencian pola maior intensidade con que se pronuncia un deles. Este encontro orixina os segmentos iu e ui. Se o primeiro elemento é tónico, este convértese en núcleo e o segundo elemento en marxe (partiu, baiuca, puido, destruíu); pola contra, se o tónico é o segundo elemento, prodúcese un hiato (muíño, viúva), mais se este encontro vai precedido dos fonemas /k/ ou /g/ téndese a manter o ditongo (acuífero, lingüista, sociolingüística).